Viernes 24 de marzo 2017

Axenda

"Once Upon a Time", instalación de Marta Bran

Once upon a time é un proxecto inédito da artista Marta Bran, creado ex profeso para o espazo da Zona "C", no que a pintura expandida constitúe unha paisaxe bucólica na que un grupo de rapaces xogan ás agachadas.

Do 3 de febreiro ao 16 de abril, na Zona C.

Axenda

Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

Do 21 de marzo ao 25 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de María Maquieira na Fundación Granell

A figura feminina e a súa mirada son as protagonistas dos debuxos e acuarelas que conforman esta exposición.

Do 1 ao 26 de marzo, na Fundación Granell.

Axenda

"Elas": 28 obras de pintoras galegas

Exposición de 38 obras de pintoras galegas que ilustran o libro Elas, de Aurora Marco.

Do 2 ao 30 de marzo, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

"A cidade no tempo. A mirada de Manolo Blanco", exposición no Colexio de Fonseca

Exposición do fotógrafo compostelán Manolo Blanco cunha parte da extensa obra coa que retratou ao longo das últimas catro décadas as rúas e xentes da capital galega.

Do 14 de marzo ao 30 de abril, no Colexio de Fonseca.

Axenda

"Crónicas de Siria", no CSC de Vite

Lectura musicada dunha selección de relatos breves de autoras e autores contemporáneos sirios.

O venres 24 de marzo no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.

Axenda

"Ubú Rei", por Talía Teatro

Talía Teatro presenta Ubú Rei, unha comedia de Alfred Jarry.

Do xoves 23 ao sábado 25 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Santiautor 2017: Funambulista, na Sala Capitol

Chega a Santiago Funambulista, nun dos concertos máis agardados do ciclo Santiautor 2017.

O venres 24 de marzo, ás 22:00 horas, na Sala Capitol.

Compartir: