Jueves 21 de junio 2012
Axenda
Chema Madoz: "Ars Combinatoria"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.
Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Políptico" na Zona "C"
A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.
Ata o 23 de setembro, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Día Europeo da Música
Santiago únese ao Día Europeo da Música cun amplo calendario de actuacións musicais en diversos espazos da cidade.
O xoves 21 de xuño, en diversos espazos da cidade.
Axenda
Concerto da Banda Municipal de Música en Praterías
A Banda Municipal de Música de Santiago sae unha vez máis á rúa para achegar a música a todos os composteláns e visitantes. A programación que presenta pretende recoller todos os gustos e estilos musicais propios das formacións bandísticas, potenciando especialmente a música galega.
O xoves 21 de xuño, ás 19:30 horas, na praza das Praterías.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Debut en Galicia de Sharon Corr
Sharon Corr, irlandesa de Dundalk, formou xunto aos seus irmáns Jim Corr, Caroline Corr e Andrea Corr o exitoso grupo internacional The Corrs que, xunto con U2 e Sinéad O´Connor, foi das propostas musicais irlandesas máis coñecidas mundialmente, con xiras nos 5 continentes. Agora chega a Santiago con Dream of you, unha proposta en solitario.
O xoves 21 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural