Viernes 2 de marzo 2012
Axenda
Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.
Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Mostra pública do obradoiro "O texto como pre-texto"
Este obradoiro é impartido por Carlos Álvarez-Ossorio, director de Cámara Negra, con motivo da estrea en Santiago de Mujer muerta caminando.
O xoves 1 e o venres 2 de marzo, ás 20.30 horas, na Zona "C".
Axenda
Concerto da mezzosoprano Inés Berlet
A Asociación Amigos da Ópera trae ao Principal un concerto coa mezzosoprano Inés Berlet, acompañada ao piano por Anne Boels.
O venres 2 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal
Axenda
Andrea Motis & Joan Chamorro Group
O ciclo 1906 Jazz trae a Compostela un concerto de Andrea Motis & Joan Chamorro Group.
O venres 2 de marzo, ás 22:30 horas, no Jazz Club Dado Dadá.