Viernes 16 de marzo 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

XVIII Festival Internacional de Teatro Universitario

Nova edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, no que se poden ver traballos realizados por compañías teatrais procedentes de universidades, departamentos de artes escénicas e escolas superiores de arte dramática.

Desta vez, dúas representacións: Fararoas, de Tirita Producións, e BCKTT, do Grupo de Teatro da Universidade de Granada.

O venres 16, ás 20:00 horas, na Sala de Teatro Roberto Vidal Bodaño (Fararoas) e ás 21:30 horas, no Teatro Principal (BCKTT).

Axenda

"Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare"

Alfredo Padilla presenta este traballo de investigación e laboratorio teatral sobre o lendario texto de Shakespeare Hamlet.

Na Zona "C":
- Do 15 ao 17 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 18 de marzo, ás 19:30 horas.
- Do 22 ao 24 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 25 de marzo, ás 19:30 horas.
- Do 29 ao 31 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 1 de abril, ás 19:30 horas.
- Do 5 ao 7 de abril, ás 20:30 horas.
- O 8 de abril, ás 19:30 horas.

Compartir: