Jueves 1 de marzo 2012

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mostra pública do obradoiro "O texto como pre-texto"

Este obradoiro é impartido por Carlos Álvarez-Ossorio, director de Cámara Negra, con motivo da estrea en Santiago de Mujer muerta caminando.

O xoves 1 e o venres 2 de marzo, ás 20.30 horas, na Zona "C".

Axenda

Concerto da Real Filharmonía

Concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbà e con Kolja Blacher ao violín.

Programa:

M. Glinka, Abertura de Russlan e Ludmilla P. I. Chaikovski, Concerto para violín en Re maior, op. 35 P. I. Chaikovski, Sinfonía núm. 4 en fa menor, op. 36

O xoves 1 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Cooper na Sala Capitol

Cooper presenta o seu novo disco, Mi Universo dentro do ciclo Compostela Rock.

O xoves 1 de marzo, ás 21:30 horas, na Sala Capitol.

Compartir: