Enreguéifate

Descrición

Enreguéifate é un proxecto conxunto dos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Santiago e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. É unha contribución ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal do programa é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso inclúe acción formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro de regueifa.

Toda a información en:
www.enregueifate.gal

Solicítase en



Compartir: