Tirada de fogos de artificio

Descrición

Toda entidade ou persoa que desexe utilizar fogos de artificio no termo municipal do Concello de Santiago de Compostela, debe realizar a tramitación que corresponde neste Concello, ademáis dos trámites preceptivos na Subdelegación do Goberno da Coruña.

Dirixido a

As persoas físicas ou entidades responsables da tirada dos fogos de artificio.

Requirimentos

Presentar a comunicación ou a solicitude de autorización, segundo o caso, para tirada de fogos de artificio.

Trámites no Concello:
• No caso de tirada de fogos de artificio de ata 100 kg de materia regulamentada:
Deberá presentar comunicación previa, acompañada da documentación que figura no modelo oficial do Concello de Santiago.

• No caso de tirada de fogos de artificio de máis de 100 kg de materia regulamentada:
Deberá presentar solicitude de autorización acompañada da documentación que figura no modelo oficial.

Notas para o cidadán

Normativa:
Regulamento de artigos pirotécnicos e cartuchería, aprobado por RD 563/2010 de 7 de maio, modificado por RD 1335/2012 de 21 de setembro.
Instrución técnica complementaria núm. 8 que desenvolve o Regulamento de artigos pirotécnicos (entrada en vigor o 9 de maio de 2013).

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Bombeiros. Servizo de extinción de incendios e salvamento
Enderezo: Avenida de Rodríguez de Viguri, 45
Tel.: 981 542 444 / 080 (emerxencias)
Fax: 981 542 450
Correo: Contactar co Concello
Horario: Todos os días, de forma ininterrompida.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: