Obradoiro de deseño de páxinas web para IES

Descrición

Obxectivos
Darlles aos participantes unha visión xeral do que é o deseño e publicación de páxinas web.
Desenvolver un pequeno proxecto persoal de comunicación.
Coñecer algunhas ferramentas comúns de publicación e deseño.

Metodoloxía
O método de traballo parte da exposición de contidos e actividades polo monitor e a aplicación destes por parte do participante en diferentes prácticas. Así mesmo o monitor facilitará técnicas para que o participante poida investigar e ampliar autonomamente os seus coñecementos de deseño web. Os participantes contarán con orientación individualizada nas súas prácticas, tanto de forma presencial na aula, coma a distancia a través do correo electrónico unha vez rematado o curso.

Contidos
Dreamweaver: instalación e coñecemento da interfaz
Inserción de textos, imaxes e hipervínculos
Traballo con táboas
Traballo con capas
Preparación de imaxes para a web
Formulario
Introducción á fotografía dixital
Técnicas básicas de animación da web
Contratación e administración dun dominio e dun espazo en
Internet
Metodoloxía na planificación e deseño web
Coñecemento da ferramenta de animación Flash

Actividades
Cuestionario para coñecemento do nivel de partida, intereses e motivacións dos participantes (antes do comezo do curso).
Prácticas de montaxe de páxinas, tanto orixinais como a partir de copias.
Busca de páxinas de referencia en Internet.
Presentación e análise de publicacións e artigos sobre Internet e deseño.
Elaboración dun proxecto individual ou colectivo de páxina web.
Prácticas de escaneado de imaxes e toma de fotografías dixitais.
Proxección de animacións feitas con Flash.

Solicítase en

Mocidade
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 542 457
Correo: Contactar co Concello
Web: https://www.facebook.com/pages/Conceller%C3%ADa-de-Xuventude-de-Santiago-de-Compostela/151484694905798
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.


Compartir: