Expropiacións. Permuta forzosa

Descrición

Os terreos destinados a sistemas xerais ou dotacións públicas locais poderán obterse mediante permuta forzosa con terreos pertencentes ao patrimonio público de solo e que sexa de características adecuadas para servir de soporte ao aproveitamento urbanístico que corresponda subxectivamente ao seu propietario, agás que este acepte voluntariamente a entrega de terreos que cumpran este requisito.

Notas para o cidadán

Este procedemento require que previamente se determine:
  • O aproveitamento urbanístico que lle corresponde ao propietario afectado.
  • Os terreos pertencentes ao patrimonio público do solo que van ser permutados.
  • De non se poder materializar a totalidade do aproveitamento, a indemnización que hai que satisfacer en metálico pola parte de aproveitamento non materializable nel.
O procedemento a seguir é o mesmo que o indicado para a ocupación directa, debéndose incluír na acta a descrición dos terros do patrimonio público do solo, obxecto da permuta e, de ser o caso, a indemnización complementaria e o momento do seu pagamento.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

O Rexistro Auxiliar do Ensanche permanecerá pechado dende o día 19 de agosto de 2019 ata o día 6 de setembro de 2019, ámbolos dous incluidos.
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Expropiacións
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 425
Fax: 981 542 427
Correo: Contactar co Concello
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).


Compartir: