Expropiacións. Procedemento ordinario

Descrición

  • Aprobación do proxecto polo Pleno do Concello.
  • Trámite de información pública durante 15 días, mediante anuncios que se inserirán no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia, nun dos xornais de maior circulación na provincia e no taboleiro de editos.
  • Notificación individual aos afectados.
  • Adopción do acordo da necesidade da ocupación (Xunta de Goberno Local)
  • Notificación individual aos afectados.
  • Elaboración do certificado de información pública.
  • Resolución das alegacións presentadas e notificación aos interesados.
  • Iniciación do expediente de prezo xusto, requiríndolles aos interesados a presentación da folla de aprecio.
    • Se a administración acepta a folla de aprecio do interesado darase por determinado o prezo xusto da parcela.
    • Se a administración rexeita a folla de aprecio formulada polo interesado, daralle traslado ao interesado da folla de aprecio formulada pola administración.
    • Se o interesado acepta a folla de aprecio formulada pola administración firmarase o mutuo acordo e finalizarase o procedemento expropiatorio co sinalamento do pagamento e fixación do prazo para o desaloxo, de ser o caso.
    • Se o interesado rexeita a folla de aprecio formulada pola administración o expediente remitiráselle ao Xurado de Expropiación de Galicia, que resolverá e lle comunicará a resolución ao interesado e á administración e procederase ao pagamento do estipulado polo Xurado de Expropiación de Galicia.
  • A administración procederá ó pagamento do estipulado polo Xurado de Expropiación de Galicia e a ocupación da parcela. O importe do prezo xusto consignarase na caixa Xeral de Depósitos nos seguintes supostos:
    • Cando non asista ao acto de pagamento o propietario ou titular interesado, por si ou persoa que acredite fehacientemente a súa representación, ou cando rexeitase o prezo.
    • Se fosen varios interesados e non se puxesen de acordo sobre a cantidade que lle corresponde a cada un, ou exista litixio.
    • Cando compareza o Ministerio Fiscal e demais casos previstos polas leis.
  • Inscrición Rexistral.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Expropiacións
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 425
Fax: 981 542 427
Correo: Contactar co Concello
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).


Compartir: