Concesión de postos na praza de abastos

Descrición

Obtención da concesión de uso dun ou varios postos para o desempeño dunha actividade comercial dentro das permitidas no recinto.

Documentación necesaria

-Copia do DNI do solicitante.
-Escrito indicando a actividade á que se pretende destinar o posto.
-Informe favorable da empresa xestora.

Notas para o cidadán

De existir postos vacantes, posteriormente á adxudicación, o titular deberá acreditar a alta no epígrafe fiscal correspondente e na Seguridade Social, así como o ingreso das taxas correspondentes.

Trámite que se inicia de oficio, suxeito a un prazo de presentación de solicitudes segundo a convocatoria.

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

A atención prestarase prioritariamente a traves dos canais:
- Telefónico: 981542300 - 981543128
- Correo electrónico: informacion@santiagodecompostela.gal
- No caso de requerir atención presencial farase exclusivamente mediante previa cita. A cita pode solicitarse a través dos teléfonos 981542300 - 981543128 e do correo citaoac@santiagodecompostela.gal

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.

Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

O rexistro auxiliar do Ensanche permanecerá pechado o día 1 de xuño de 2020.
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Durante a situación actual do estado de alarma:

1. Suxerímoslle que utilice o rexistro electrónico do Estado que permite presentar documentos para a súa transmisión electrónica a outras administracións públicas (comunidades autónomas, entidades locais etc.) integradas no sistema de interconexión de rexistros:
https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do

2. Admítese a remisión de documentos por correo electrónico ao enderezo rexistro@santiagodecompostela.gal
Deberá enviar a solicitude con todos os datos esenciais (artigo 66 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común), xunto coa documentación necesaria para realizar o trámite.

3.- Se non lle é posible presentar a documentación a través dos canais indicados nos apartados 1 ou 2, pode contactar telefónicamente co Rexistro do Concello de Santiago de Compostela, que lle atenderá con cita previa.
Teléfono para solicitar cita previa de atención presencial no Rexistro Xeral : 981 543 122

Tramítase en

Servizos comunitarios
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende n. 6-8 baixo
Tel.: 981 542 324
Fax: 981 542 304
Correo: Contactar co Concello

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: