Premio Manuel Beiras

Descrición

Cal é o seu obxectivo?
Recoñecer o esforzo que realizan as empresas de Compostela no proceso de facer normal o uso da lingua galega.

Quen convoca o premio?
O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación. Estas dúas entidades asinaron un convenio de colaboración no ano 2000 que mantén de xeito continuado a convocatoria anual.

Por que se premia especialmente as empresas?
Porque é un sector de capital importancia para conseguir a normalización do noso idioma na vida cotiá da cidade.

En que consiste o premio?
O premio ten un contido simbólico e non supón ningunha prestación económica. As empresas seleccionadas reciben, nun acto público, habitualmente no mes de decembro, unha escultura creada especialmente por Acisclo Manzano.

Que beneficios pode supoñer para unha empresa contar con este premio?
As empresas e comercios premiados poden amosar a través da súa publicidade ou nos propios estabelecementos a posesión deste galardón, como unha garantía máis de que respectan o idioma maioritario na nosa comunidade e as preferencias que manifesta a maioría da poboación, segundo demostran os diferentes estudos realizados.

Ademais, a Cámara e o Concello procuran difundir a concesión dos premios para contribuír tamén a promocionar as empresas que os reciben.

Requirimentos

Quen pode optar ao premio?
Calquera empresa ou comercio que estea radicado no noso municipio.

Que hai que facer para que unha empresa sexa candidata ao Manuel Beiras?
Só propoñela comunicándoo ao Departamento de Lingua do Concello (dlg@santiagodecompostela.gal) ou ao Departamento de Comunicación da Cámara de Comercio. Posteriormente, porémonos en contacto coa empresa para recoller información e mostras sobre os seus usos lingüísticos co fin de que o xurado poida avalialos. A proposta pode incorporar xa inicialmente toda a documentación e información que se desexe facer constar.

Calquera pode formular propostas: a propia empresa candidata, unha asociación ou institución, unha persoa que observa e valora o uso da lingua que realiza... En calquera caso, antes de considerala candidata, os servizos municipais poranse en contacto con ela para confirmar que está de acordo.

Todas as empresas compiten na mesma categoría?
O Premio Manuel Beiras ten en conta as diferenzas que poden existir entre os distintos tipos de empresas e distingue dúas categorías: empresas que teñen usado de xeito continuado a lingua galega e empresas que se incorporasen recentemente ao uso do galego.

Notas para o cidadán

Empresas premiadas

Edición 2000
Seguridade A1 (Servizos)
Erica Mel, S.C.L. (Industrial)
Libraría Couceiro (Distintinción especial)

Edición 2001
Confederación galega de minusválidos (Servizos)
Litografías do Noroeste, S.A.L. (Industrial)
Mercado de abastos de Santiago (Nova incorporación ao galego)
Escola infantil Raiola (Distinción especial)

Edición 2002
Editorial Compostela (Industrial)
Feire Chico, S.L. (Servizos)
Alcampo (Nova incorporación ao galego)
Fundación Galicia Empresa (Distinción especial)

Edición 2003
Xanela Arquitectura (Industrial)
Vieiros (Servizos)
Restaurante A Espetería (Nova incorporación ao galego)
Ramón Castromil (Distinción especial)

Edición 2004
Xho, Xestiona Hotalería, SC (Nova incorporación ao galego)
R comunicación (Uso continuado)
Xosé Otero Pombo (Distinción especial)

Edición 2005
Rey Xestión (Nova incorparación ao galego)
Clínica Veterinaria San Roque (Uso continuado)
Sala Nasa (Distinción especial)

Edición 2006
Aceiro (Nova incorporación ao galego)
T44 Fotocopias (Uso continuado)
Papelaría e Hiper Xaquín (Distinción especial)

Edición 2007
Cenlitrosmetrocadrado (Nova incorporación)
Dado Dadá (Uso continuado)
Federación de Libreiros de Galicia (Distinción especial)

Edición 2008
A Navalla Suíza (Nova incorporación)
Tórculo (Uso continuado)
Asociación Empresarios de Área Central (Distinción especial)

Edición 2009
Pecados (Nova incorporación)
Localia TV (Uso continuado)
Libraría Pedreira (Distinción especial)

Edición 2010
Novi Ius Avogados (Nova incorporación)
O Dezaseis (Uso continuado)
Atlántica de Información e Comunicación (Distinción especial)

Edición 2011
O Gato Cósmico (Nova incorporación)
Clínica Dermalar (Uso continuado)
Ana López-Suevos Fraguela (Distinción especial)

Edición 2012
Galensigna (Nova incorporación)
Autoescola Mata (Uso continaudo)
Asociación de Hostalería de Compostela (Distinción especial)

Edición 2013
Buydeal (Nova incorporación)
Pedra Salgada (Uso continaudo)
Manuel Portas (Distinción especial)

Edición 2014
Promove Consultora (Nova incorporación)
Conxelados José Bermúdez (Uso continaudo)
PuntoGal (Distinción especial)

Edición 2015
Libraría de Mulleres Lila de Lilith (Nova incorporación)
Sacauntos Cooperativa Gráfica (Uso continuado)
Imaxin software (Distinción especial)

Edición 2016
Miranda Priestly S.L. (Coralia) (Nova incorporación)
Nanube (Uso continuado)
Alvarellos Editora (Distinción especial)

NAS REDES:
- Audiovisuais

Solicítase en

Onde podo obter máis información?
No Departamento de Lingua Galega do Concello (981 542 409) ou á Cámara de Comercio (981 596 800).

www.facebook.com/linguagalegasantiagodecompostela

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: