Histórico de convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos para solicitar subvencións e as convocatorias de emprego público mediante probas de acceso ou de promoción interna. Publícase tamén a información sobre eventos municipais de cara a difusión das convocatorias.

DEPORTES

Convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado. Ano 2011

Descrición: Esta convocatoria ten por obxecto a promoción das entidades deportivas locais de carácter federado, non mercantís, non profesionais, e consecuentemente sen ánimo de lucro.

Destínase a: Clubs e entidades deportivas federadas con sede social no Municipio de Santiago e que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Finalidade: A finalidade desta convocatoria é financiar, en parte os gastos derivados da realización das actividades deportivas dos clubs, a efectos de que estes poidan alcanzar os seus obxectivos, dentro das competicións deportivas federadas nas que estean inscritos.

Prazo: O prazo de solicitude é do 1 ao 20 de setembro de 2011

Direccións relacionadas

DEPORTES

Convocatoria de Subvencións de Escolas Deportivas. Ano 2011

Descrición: Esta convocatoria ten por obxecto a promoción das actividades deportivas, de carácter formativo realizadas coordenadamente entre os centros educativos públicos e concertados de primaria do municipio de Santiago, e as Entidades Deportivas de carácter non mercantil, non profesional, e consecuentemente sen ánimo de lucro.

Destínase a: Poderán acceder a estas subvencións as entidades deportivas inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións que estean debidamente autorizadas para o desenvolvemento da escola deportiva pola Dirección do Centro de Ensino.

Finalidade: A finalidade que motiva a convocatoria é o de financiar, en parte, os gastos derivados da realización das actividades da Escola Deportiva que terán carácter polideportivo (máis dunha actividade) e periódico e que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño do ano 2011

Prazo de presentación: O prazo de solicitude é do 17 ao 31 de maio

Documentos relacionados
Direccións relacionadas

CONCELLARÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Última semana para inscribirse na Edición de Primavera do VIII Concurso de Escaparatismo

Descrición: O venres, 15 de abril remata o prazo para inscribirse na Edición de Primavera do VIII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2011, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
Máis información no apartado Anuncios

DEPORTES

Convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado. Ano 2010

Descrición: Esta convocatoria ten por obxecto a promoción das entidades deportivas locais de carácter federado, non mercantís, non profesionais, e consecuentemente sen ánimo de lucro

Destínase a: Clubs e entidadades deportivas federadas con sede social no Municipio de Santiago e que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Finalidade: A finalidade desta convocatoria é financiar, en parte, os gastos derivados da realización das actividades deportivas dos clubs, a efectos de que estes poidan alacanzar os seus obxectivos, dentro das competicións deportivas federadas nas que estean inscritos.

Prazo: O prazo de solicitude é do 25 de setembro ao 9 de outubro de 2010

Documentos relacionados
Direccións relacionadas

Subministro de mobiliario e equipamento para as dependencias da Policía Local

Información e documentación: Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: plopezb@santiagodecompostela.gal


« Anteriores    Seguintes »

Compartir: