Portal de Datos Abertos Portal de datos abertos

Portal de datos abertos do Concello de Santiago de Compostela

O Portal de Datos Abertos do Concello de Santiago de Compostela está dedicado a promover o acceso aos datos do goberno local e impulsar o desenvolvemento de ferramentas creativas para atraer e servir á cidadaniacute;a de Santiago de Compostela

Datos Abertos (open data en inglés) é unha iniciativa global, ligada ás políticas de Goberno Aberto, que persigue que os datos e a información, especialmente as que posúen as administracións públicas, se publiquen de forma aberta, regular e reutilizable para todo o mundo, sen restricións de acceso, copyright, patentes ou outros mecanismos de control.

O portal está federado no sitio datos.gob.es

Xeoportal Xeoportal

O Concello de Santiago de Compostela dispón dunha gran cantidade de información xeográfica (cartografía XIS, cartografías antigas, ortofotografías, planeamento urbanístico, servizos, límites administrativos, etc.)

Ponse en marcha este xeoportal e a infraestrutura de datos espaciais (IDE) que é un sistema informático con conxuntos de datos e servizos xeogr´ficos. Permite a publicación, edición, consulta e descarga da información xeográfica cumprindo as especificacións de interoperabilidade do Consorcio Aberto Xeoespacial (Open Geospatial Consortium, Inc, coñecido como OGC).

En resumo, o xeoportal IDE é unha ferramenta co fin de pór a disposición das institucións, profesionais e cidadáns a información xeográfica municipal fomentando a participación e a transparencia.