Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Atalaia coa rúa da Algalia de Arriba

A partir do vindeiro mércores 8 de xuño, a rúa da Atalaia no seu cruzamento coa rúa da Algalia de Arriba quedará cortada ao tráfico por mor das obras de mantemento e reparación do pavimento no recinto intramuros da cidade histórica de Santiago.

A vía permanecerá cortada por un prazo de dúas semanas.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

SEGURIDADE CIDADÁ

Incidencias Policía Local

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 08:00 horas do día 16/05/2022 ata as 08:00 horas do día 17/05/2022

MOBILIDADE

Servizos especiais de transporte urbano para asistir ao partido de baloncesto no multiúsos Fontes do Sar (sábado 14 de maio)

Con motivo do partido de Monbus Obradoiro o vindeiro sábado 14 de maio ás 20:45 no multiúsos Fontes do Sar, ofrecerase un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa a partir das 19:15.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiúsos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:30, 19:45, 20:00, 20:15 e 20:30. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na praza da Inmaculada (a partir do luns 25 de abril)

O vindeiro luns 25 de abril producirase o corte da Praza da Inmaculada para a execución dos traballos de mantemento e reparación do pavimento no recinto intramuros da cidade histórica de Santiago de Compostela. A vía permanecerá cortada por un prazo de catro semanas.

O Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Instalación da sinalización nas rúas de Mallou e Queimada

Tras a petición por parte da Asociación de Veciños solicitando a mellora na seguridade e mobilidade na contorna das rúas de Mallou e Queimada, hoxe venres día 6 de maio rematáronse os traballos de sinalización vertical e horizontal.

Estes traballos executados consistiron na colocación de sinais de circulación e tamén de pintado sobre calzada para que as dúas rúas quedasen nun só sentido de circulación.

A rúa de Mallou, dende o cruzamento coa rúa da Queimada, queda nunha soa dirección, sentido baixada cara a rúa do Cruceiro da Coruña.

A rúa da Queimada queda en sentido subida. Dado que é unha vía con dous carrís, obtouse pola modificación do seu aparcamento que era en liña, pasando a estacionar en batería, o que permite conseguir máis aparcamento e un estreitamento da calzada co motivo de pacificar a circulación.

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Solicitude de tarxetas de residentes das avenida Rodríguez de Viguri e avenida de Lugo (2-31 maio)

A Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá do Concello de Santiago anuncia a apertura do prazo, dende o 2 ata o 31 de maio, para a solicitude de tarxeta de residente zona verde na Avenida Rodríguez de Viguri, entre os números 1 ao 43, e na Avenida de Lugo, dos números 191 ao 275.

A veciñanza que cumpra os requisitos esixidos pola Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo de Aparcamento de Residentes poderá solicitar o distintivo a través dos rexistros electrónicos das administracións públicas, da sede electrónica do Concello de Santiago e presencialmente na oficina de asistencia en materia de rexistro na rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.

As tarxetas recolleranse a partir do 1 de xuño nas oficinas de Tussa, Estación Intermodal, na rúa Clara Campoamor.

Para máis información Oficina de Atención ó Cidadán na rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo (teléfono 981 543 128).

MOBILIDADE

Paradas de autobús na zona de Fontiñas e Rodríguez de Viguri

A partir do luns 11 de abril, entran en funcionamento as seguintes paradas:

*Parada 87, na avenida Rodríguez de Viguri (cruce Monte dos Postes, á altura do aparcadoiro de Altiboia), operativa para as liñas 9, 13, C2, C5 e C11, todas circulando cara o centro da cidade.

*Parada 128, na rúa Berlín (centro sociocultural): recuperará o seu emprazamento habitual na rúa de Berlín, antes de que os autobuses continúen pola rúa de Viena. Aquí paran as liñas 9, C2, C5 e C11 tamén en sentido centro.

MOBILIDADE

Publícase a lista de tarxetas de residente que non foron renovadas

O Boletín Oficial da Provincia de hoxe, xoves 7 abril, publica a resolución da Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá na que se recolle a lista de cidadáns cuxa tarxeta de residente para aparcamento nas zonas verdes e zonas azuis O.R.A. da cidade non foi renovada por non cumprir os requisitos esixidos. Entre as razóns polas que unha tarxeta de residente pode ser dada de baixa atópanse que a persoa non estea inscrita no Padrón municipal de habitantes, un cambio de vehículo ou que non se teña abonado a tarifa anual.

Os afectados que se enumeran na resolución poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo DUN MES a partir desta notificación, ou ben impugnalo directamente, no prazo de DOUS MESES directamente ante o Xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela sito no edificio dos Xulgados, rúa Viena, s/n - Fontiñas.

De presentar recurso de reposición, o prazo para recorrer en vía contencioso-administrativo será de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel no que o recurso de reposición debe entenderse presuntamente rexeitado.

OBRAS

Comezo do acondicionamento do aparcadoiro de Triacastela

Santiago de Compostela.- 2 de abril de 2022. A próxima semana levaranse a cabo os traballos de acondicionamento do firme do aparcadoiro de Triacastela mediante estendido e nivelación con saburras.

Xa se procedeu á colocación de valado informativo coa intención de poder dispoñer dos terreos libres de vehículos a partir do luns, 4 de abril. Estímase unha duración de 2-3 días, polo que se agarda volver permitir o acceso a finais da próxima semana.

O Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

TRÁFICO

Reapertura ao tráfico do acceso á rua dos Concheiros desde a rúa de San Pedro

O acceso pola rúa de San Pedro volve estar aberto ao tráfico de igual forma que estaba antes do comezo das obras de Concheiros. Esta decisión tomouse tras a preparación e a revisión da zona así como a apertura a modo de proba que se levou a cabo na xornada de onte, 31 de marzo.

Poderán acceder ata a Cruz de San Pedro e circular por Concheiros os residentes da zona 3 de San Pedro e a carga e descarga ata as 10:30 h.

Non se poderá xirar cara á rúa da Angustia, por continuar esta co sentido de circulación invertido, nin tampouco á rúa do Home Santo a través desta vía, polo que o acceso a estas rúas deberá facerse dende a rotonda da avenida Rodríguez Viguri.

Os vehículos que saian pola rúa do Campo do Forno deberán circular cara a Cruz de San Pedro.

Para entrar á rúa dos Lagartos dende San Pedro a circulación deberá seguir como ata o de agora: calzada de San Pedro e campo de Santo Antonio.

Á rúa das Fráguas seguirase entrando dende a rúa Costa do Veedor.

O Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: