Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Corte de tráfico no Paseo da Amaía - Brandía (a partir do 5 de agosto)

Dende o 5 de agosto ata o remate dos traballos (18 de agosto), o Paseo da Amaía (Brandía) vai quedar cortado á circulación por mor dos labores de reparación da súa calzada. O tramo afectado polas obras está situado no comezo do vial, xunto á entrada principal da urbanización e da papeleira. O corte vaise a manter unha semana máis, de 12 a 18 de agosto, por motivos de fraguado.

Esta actuación vai provocar cambios no tráfico, que consistirán en que os vehículos deberán entrar pola parte baixa do paseo da Amaia convertendo o tramo do paseo da Quinta en dobre sentido de circulación para darlle acceso as vivendas do paseo da Amaia e tamén ao hotel.

Transporte urbano

Por este motivo, no horario indicado, a liña 8 realizarán os seguintes desvíos:

A liña 8 do transporte urbano non poderá acceder á urbanización, realizando a derradeira parada antes da rotonda de acceso na AC-543, no entorno da nave Calefon, para voltar desde alí cara ao centro cambiando o sentido na rotonda.

Quedarán suprimidas as paradas dentro da urbanización: 632, urb. Brandía e 633, urb. Brandía 2.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Modificacións no tráfico por mor das obras na rúa do Pombal (a partir do 25 de xuño)

O martes 25 de xuño comezan as obras de reurbanización da rúa do Pombal, que se desenvolverán en tres fases e provocarán as seguintes modificacións no tráfico:

En todas as fases:
- a rúa do Pombal estará sempre cortada ao tráfico
- dentro do recinto pechado non habrá circulación de vehículos, excepto servizos e emerxencias.
- iranse habilitando pasarelas para cada un dos portais que se vexan afectados pola urbanización

Fase 1 (26/06 a 01/07, 5 días)
- a travesa do Cruceiro do Gaio estará cortada ao tráfico
- na rúa do Pombal, habilitarase a beirarrúa dereita para o tránsito peonil (en sentido de baixada), e queda inhabilitada a beirarrúa esquerda.

Fase 2 (02/07 a 02/09, 2 meses)
- continúa cortada a travesa do Cruceiro do Gaio
- na rúa do Pombal, habilitarase a beirarrúa esquerda (en sentido de baixada), para o tránsito peonil, e queda a beirarrúa dereita unicamente accesible para residentes e usuarios. Esta situación será permanente ata o final da obra.

Fase 3 (03/09 a 02/2025, 6 meses)
- Habilítase o tráfico pola travesa do Cruceiro do Gaio

CIRCULACIÓNS PERMITIDAS DURANTE TODA A EXECUCIÓN DA OBRA

RÚA SAN CLEMENTE: circulación permitida na rúa de San Clemente e acceso ao aparcadoiro, con único retorno hacia Campo da Estrela.

TRAVESA DO GAIO – GALERAS: circulación permitida de rúa Campo do Cruceiro do Gaio a Cruceiro do Gaio e Poza de Bar. (Travesa do Cruceiro do Gaio, cortada).

TRANSPORTE URBANO

Con motivo deste corte, as liñas 4, 8, 9, C2, C4, P1 e P7 modificarán os seus horarios e percorridos. Todas as modificacións poden consultarse en www.tussa.org.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Direcciones relacionadas

MOBILIDADE E CONVIVENCIA

Incidencias Policía Local

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende as 08:00 horas do día 20/06/2024 ata as 08:00 horas do día 21/06/2024

CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
--:-- ACCIDENTES DE TRÁFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
• Ás 17:10 horas, ACCIDENTE DE TRÁFICO, na praza de España, entre un vehículo e un ciclista que nun principio resultou ileso.
19:54 PAPELEIRA ARDENDO: Na confluencia de praza de Galicia con Fonte de Santo Antonio, procédese a extinguir un pequeno lume no interior dunha papeleira.
FESTAS EN PISOS: acódese a dous pisos, un negativo.

MOBILIDADE

Horarios de verán 2024 no transporte urbano

O martes 25 de xuño entrarán en vigor os horarios da tempada de verán no transporte urbano.

Este ano destacan dúas actualizacións importantes. En primeiro lugar reforzaranse os servizos das liñas 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos para evitar incidencias. En segundo lugar, os horarios de verán coinciden có inicio das obras da rúa do Pombal.

Polo demais, as liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais da época estival.

Nos vindeiros días estará disponible nos autobuses a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade.

Documentos relacionados

MOBILIDADE

Cambio de sentido na rúa dos Castiñeiros

A partir de mañá, mércores 29 de maio, a rúa dos Castiñeiros sufrirá un cambio de sentido na circulación debido a varias cuestións relacionadas co tráfico da zona de San Francisco. Deste xeito, a entrada a esta rúa farase a través da avenida de Xoán XXIII en sentido de baixada, con saída polas rúas de Pelamios e Morón.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Silvouta (dende o 20 de maio )

A partir do luns 20 de maio, por razóns de seguridade no tránsito durante as obras de construción da nova EDAR da Silvouta, pecharase á circulación un tramo da rúa da Silvouta, perpendicular á rúa das Pedreiras. Este corte súmase ao xa existente desde o pasado 2 de abril no último tramo da rúa das Pedreiras, o máis próximo á zona da actuación.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Vite de Arriba (20 - 24 de maio)

Desde o luns 20 ata o venres 24 de maio, a rúa de Vite de Arriba quedará cortada ao tráfico por mor da realización de obras de canalización sobre a calzada. A rúa estará pechada á circulación cada día en horario de 8:00 a 20:00 horas. Debido a que a rúa vai quedar partida en dous, as persoas residentes deberán entrar e saír dende os seus extremos.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Vite de Abaixo (13-17 de maio)

Desde o luns 13 ata o venres 17 de maio, a rúa de Vite de Abaixo á altura do número 41, quedará cortada ao tráfico por mor da realización de obras de canalización sobre a calzada. A rúa estará pechada á circulación cada día en horario de 8:00 a 20:00 horas. Debido a que a rúa vai quedar partida en dous, as persoas residentes deberán entrar e saír dende os seus extremos.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Algalia de Arriba (dende o 2 de abril)

A partir do martes 2 de abril producirase o corte da rúa da Algalia de Arriba durante cinco semanas para executar os traballos de mantemento e reparación do pavimento. Permitirase o acceso peonil.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.


Compartir: