Presentación
AVIVA - Plan de Mobilización de Vivenda Baleira de Santiago de Compostela

É por iso que o Concello de Santiago ten en marcha un Plan de Mobilización de Vivenda Baleira, que pretende facilitar o acceso a unha vivenda digna a aquelas persoas que o precisan e poñer en valor a cidade construída.
Dentro deste proxecto, a concellería de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade crea unha bolsa de vivendas privadas baleiras susceptibles de seren alugadas, nas que os propietarios e propietarias poden facilitar a información sobre os seus pisos e explicar cales son os motivos polos que non as dedican ao alugueiro.
Os datos que se recollan a través desta bolsa servirán para definir un programa completo e ambicioso para fomentar o aluguer, a través de axudas municipais que serán compatibles coas que ten en marcha a Xunta de Galicia e ás que poderían acceder os propietarios e propietarias na próxima fase do Plan de Mobilización de Vivenda Baleira.
CONVOCATORIA DE AXUDAS AO ALUGUEIRO: INFORMACIÓN BÁSICA