FESTAS

A Romaría Cativa volve a Bonaval

Outra imaxe da rolda de prensa.
22/07/2016

O público máis familiar vai ser o protagonista de dúas das próximas actividades das festas do Apóstolo, que hoxe presentou a concelleira de Acción Cultural: a gala Circompostela 2016, e a Romaría Cativa. Branca Novoneyra recoñeceu que estas dúas propostas "enorgullecen especialmente ao Goberno, porque son un claro exemplo da intención de termos unhas festas máis diversas e máis acaídas para toda a cidadanía". Ademais, a edil lembrou que tanto a festa do circo como a...

Ler máis

FESTAS

O soul de Charles Bradley chega á Quintana

22/07/2016

As festas do Apóstolo continúan mañá cunha das citas musicais máis importantes da programación: o concerto de Charles Bradley & His Extraordinaires na praza da Quintana. Será a partir das dez da noite, con entrada de balde.

Ler máis

FESTAS

Europlá promete "a maior intensidade pirotécnica na historia dos Fogos"

21/07/2016

O alcalde, a concelleira de Acción Cultural, e o representante da empresa Focs d´Artifici Europlá, José Gallart, presentaron hoxe en rolda de prensa o espectáculo audiovisual e pirotécnico do que poderemos gozar na noite do 24 de xullo. Martiño Noriega lembrou que esta será a primeira vez na que esta empresa valenciana teña "a responsabilidade de desenvolver esta montaxe, que ten unha proxección que vai moito máis alá de Compostela e que por iso ten que estar á altura da tradición e do que a...

Ler máis

FESTAS

As festas do Apóstolo, escenario do I Encontro Internacional en torno á cultura xamaicana e o movemento Sound System

Outra imaxe da rolda de prensa.
21/07/2016

O vello colexio Ramón Cabanillas, no Castiñeiriño, acollerá o sábado o I Encontro Internacional en torno á cultura xamaicana e o movemento Sound System celebrado en Galicia. O evento Compostela Dub 2016, enmarcado nas festas do Apóstolo, está promovido pola Asociación Cultural MaisLume e financiado ao abeiro do proxecto piloto de Orzamentos Participativos na área de Mocidade.

Ler máis

FESTAS

Circo e baile na axenda festiva deste venres

Cartel do Compostela Sound System.
21/07/2016

Despois do éxito que tivo o ano pasado, este venres celebrarase unha nova gala do circo dentro das festas do Apóstolo. Circompostela 2016 comezará ás dez e media da noite no parque de Belvís.

Ler máis
Compartir: