FESTAS

Nik West e Mambo Jambo no Apóstolo 2016

Nik West.
28/07/2016

As festas do Apóstolo entran na súa recta final, pero mañá aínda vivirán unha das noites máis agardadas da programación, co concerto de Nik West e Mambo Jambo na praza da Quintana. Será partir das dez da noite, con entrada libre.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago de Compostela e Padrón reafirman os seus fortes vencellos

As dúas corporacións escoitando as interpretacións das bandas municipais.
27/07/2016

As festas do Apóstolo tiveron este mércores unha das súas citas máis tradicionais, o Día de Padrón, celebración que tamén se mantén á inversa –na honra de Santiago- na Pascua da vila veciña. Como cada ano, foi o momento de renovar a colaboración e de estreitar os lazos entre os dous municipios.

Ler máis

FESTAS

A praza da Quintana acolle mañá xoves a actuación do coro Saint Luc Banabakintu

Outra imaxe dunha actuación.
27/07/2016

A programación das festas do Apóstolo vén de incorporar unha nova actividade, que se vai desenvolver mañá xoves, ás 13:00 horas, na praza da Quintana. Trátase da actuación do coro Saint Luc Banabakintu, un grupo de Costa do Marfil creado en 1974 e que habitualmente canta nunha parroquia de Adjamé, a capital do país. A agrupación leva tempo percorrendo Galicia, para dar a coñecer a realidade cultural e social de Costa do Marfil.

Ler máis

FESTAS

Arrebato pirotécnico nos Fogos do Apóstolo

Outro momento da noite.
24/07/2016

Un ano máis, a noite do 24 de xullo volveu congregar a milleiros de persoas nas rúas de Compostela para presenciar, dende a praza do Obradoiro ou dende outros puntos da cidade, os tradicionais Fogos de Apóstolo. Santiagueses e visitantes gozaron dunha intensa sesión pirotécnica, que completou un espectáculo audiovisual que repasou parte da historia e dos personaxes ilustres da cidade.

Ler máis
Compartir: