FESTAS
Oito concertos en oito escenarios diferentes porán o punto e final ás festas do Apóstolo 2008
Tras catorce intensos días cheos de actividades, as festas do Apóstolo chegan ao seu fin cos tradicionais fogos na escalinata do campus universitario, que corren a cargo da empresa pirotécnica de Ricardo Caballer. O espectáculo comezará ás 23:00 horas do xoves 31. Tras os fogos chegará o momento de despedir as festas por todo o alto. Celébrase por primeira vez Ata o Amanecer, onde haberá oito concertos en oito puntos diferentes da cidade, co obxecto de prolongar a festa neste último día ata altas horas da madrugada.
FESTAS
Baqueiro destaca o civismo e a alta participación nas Festas do Apóstolo
Tras catorce intensos días de actividades, grandes concertos e diversión as Festas do Apóstolo 2008 chegan ao seu fin. Con este motivo, o concelleiro de Festas e Mocidade de Santiago, Xosé Baqueiro, fixo balance destes días nos que reinou "o civismo de toda a xente que sabe divertirse sen necesidade de causar destrozos e danos, e a gran participación en todas as actividades programadas".
FESTAS
Loreena McKennitt presenta o seu último espectáculo en Compostela
Despois de nove anos e máis de 13 millóns de discos vendidos en todo o mundo, a canadiense Loreena McKennitt ofrecerá o mércores 30 na Quintana, ás 22:30 horas, un repertorio dos seus mellores temas e presentará o seu último traballo, An ancient muse, no que mestura sonidos celtas, melodías escocesas e baladas irlandesas con música tradicional grega, turca, española e escandinava.
FESTAS
Santiago e Padrón traballarán na recuperación das ribeiras do Sar
As Festas do Apóstolo non faltaron á súa cita con Padrón. No día dedicado á vila veciña, a delegación padronesa, encabezada polo seu alcalde, Camilo Forján, foi recibida polo rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
FESTAS
Amaral presenta en Compostela o seu último traballo
Unha das citas máis agardadas deste Apóstolo 2008 é o concerto que ofrecerá o martes 29 o dúo zaragozano Amaral. Tres anos despois de conseguir ser o grupo máis vendido de España con Pájaros en la cabeza, regresan á escena musical cun dobre álbum, evocador, que plantexa dualidades, ideas complementarias e incluso polos opostos, segundo sinalan os propios artistas.
ALCALDÍA
O alcalde pide ao Apóstolo a súa axuda para saír das actuais circunstancias económicas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, realizou a Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, na súa condición de Delegado Rexio. Como é habitual, fixo un repaso aos temas de maior actualidade, como a inmigración, a violencia de xénero, a situación económica, o terrorismo ou o xa próximo Xacobeo 2010.
FESTAS
Milladoiro ofrece un concerto na Quintana para festexar o Día Grande de Galicia
A xornada do venres 25 comezará coa tradicional Ofrenda ao Apóstolo Santiago na Catedral. Será ás dez da mañá. Xa a partir das doce e media do mediodía as rúas da cidade serán animadas por cabezudos a gaiteiros. Ás dez da noite a orquestra Super Combo alegrará cos seus sons a todos os que se acheguen ata a Alameda.
FESTAS
Sinfonía de auga e luz na noite grande de Compostela
Milleiros de persoas encheron o Obradoiro e as rúas e prazas de Compostela para presenciar os Fogos do Apóstolo. A chuvia do día deu unha tregua par o desenvolvemento dun espectáculo no que se combinaron harmonicamente a auga, a luz, a pirotecnia e a música.
FESTAS
Medra a presenza dos máis novos na homenaxe ao traxe galego
O traxe tradicional galego non faltou á súa cita coas Festas do Apóstolo, e tampouco todos aqueles cidadáns, moitos deles moi novos, que lle renderon homenaxe vestíndoo polas rúas de Santiago. O Día do Traxe Galego cumpriu así a súa trixésima edición.
FESTAS
A auga únese á pirotecnia e ao láser na noite grande do Apóstolo
Unha fonte cibernética de 22 metros será unha das novidades dos Fogos do Apóstolo 2008. Así, a auga únese á pirotécnica e ás proxeccións e efectos de luz nun dinámico espectáculo multimedia de 34 minutos.