FESTAS
Traxes galegos e gospel nunha nova xornada das Festas do Apóstolo
As Festas do Apóstolo continúan ofrecendo múltiples actividades e espectáculo para todas as idades e gustos. Se o luns 21 foi o cantautor brasileiro Caetano Veloso quen conseguiu congregar a máis de 2.000 persoas na Quintana, o mércores 23 tócalle o turno á parte máis tradicional das festas: a celebración do Día do Traxe Galego.
FESTAS
Bassekou Kouyate & Ngoni Ba trae os ritmos de Mali a Compostela
O grupo de Mali Bassekou Kouyate & Ngoni Ba o martes 22, ás 23:00 horas, na praza da Quintana. Este concerto gratuíto, que forma parte do Compostela Festival, promete unha gran variedade de ritmos africanos co acompañamento dun instrumento de corda con moita tradición no seu país de orixe, o ngoni.
FESTAS
Arredor de 15.000 persoas acudiron ao pregón de Boris Izaguirre e á actuación de Carlos Baute
As Festas do Apóstolo 2008 arrincaron no Obradoiro co lectura do pregón a cargo do escritor e presentador, Boris Izaguirre. O polifacético comunicador, que se amosou ilusionado por ser o pregoeiro destas festas, destacou no seu discurso o amor que sente por Santiago de Compostela, as súas xentes e rúas e quixo compartir con todos os presentes no Obradoiro as experiencias que viviu nesta cidade na súa xuventude.
FESTAS
Boris Izaguirre evoca os seus anos en Santiago na apertura das Festas do Apóstolo
As Festas do Apóstolo 2008 botaron a andar co pregón de Boris Izaguirre. Na súa intervención ante o numeroso público que ateigaba a praza do Obradoiro, o escritor e presentador compostelán lembrou a súa vinculación con Santiago, cidade á que chegou en 1992, con 26 anos.
FESTAS
Boris Izaguirre, feliz por ser o pregoeiro nunha cidade que o marcou
O pregoeiro das Festas do Apóstolo, Boris Izaguirre, foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, unhas horas antes de dirixirse a todos os composteláns. O venezolano, expresou a súa ledicia por ser escollido para esta tarefa.
FESTAS
As Festas do Apóstolo comezan co pregón do escritor e presentador Boris Izaguirre
As Festas do Apóstolo arrancan venres, día 18, coa lectura do pregón, que correrá a cargo do escritor e presentador Boris Izaguirre. O venezolano garda unha estreita relación coa cidade de Compostela, tanto persoal como profesional, pois foi na capital galega onde comezou a súa carreira nos medios de comunicación españois, no programa Compostela Sol y Luna.
FESTAS
Centos de persoas inundarán as rúas de Compostela vestidos co tradicional traxe galego o mércores 23 de xullo
O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Domínguez; e un representante de El Corte Inglés, José Manuel Blanco, presentaron esta mañá en rolda de prensa a trixésima edición do Día do Traxe Galego, que terá lugar dentro do marco das Festas do Apóstolo o próximo mércores, 23 de xullo. Pilar Domínguez fixo un percorrido pola historia desta celebración e lembrou as figuras de Manuel Beiras e José Luis Míguez,...
FESTAS
O polifacético artista Boris Izaguirre fará o pregón do Apóstolo deste ano
O concelleiro de Festas de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, anunciou esta mañá o nome do pregoeiro do Apóstolo 2008, que será o polifacético venezolano Boris Izaguirre. Trátase dunha personaxe popular que garda unha estreita relación coa cidade de Compostela, tanto persoal como profesional, pois aquí comezou a súa carreira nos medios de comunicación ao traballar na produtora CTV. "É unha persoa que lle ten especial agarimo e cariño á cidade e sempre que ten oportunidade fala do seu...