Desprazarse en Santiago
Existen múltiples combinacións de transporte público para chegar ata Santiago e desprazarse pola cidade. Existen asemade en Compostela diversos aparcadoiros cunha capacidade que supera os 7.500 vehículosMáis información en
Teléfonos de interese
- Estación de autobuses: 981 542 416 e 981 542 418
- Estación de tren: 981 596 050 e 902 240 202
- Radio Taxi: 981 569 292
- Euro Taxi -adaptado-: 981 535 154
- Información municipal sobre tráfico: 981 542 321
Por estrada Se te achegas á capital galega por estrada podes facelo a través da:
- Autopista do Atlántico AP-9: que enlaza Santiago coas cidades da Coruña, Ferrol, Vigo, Tui e a fronteira portuguesa.
- Autovía do Noroeste A-6: que comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Lugo e cun enlace a través da AP-9 nas inmediacións da Coruña.
- Autovía Rías Baixas A-52: que comunica Galicia e España a través da provincia de Ourense e enlaza con Santiago a través da AP-9 en Vigo ou da N-525 en Ourense.
- Autestrada AP-53: que enlaza Santiago e Lalín, onde se une á N-525 de Ourense a Madrid.
- Estrada nacional N-634: conecta Galicia e Francia a través da costa cantábrica e ten o enlace con Santiago a través da Autovía do Noroeste A-6.
En autobús Se te achegas a Santiago en bus podes facelo coa compañía Etnacar Internacional (902 422 242) se é unha viaxe de longo percorrido (dende Madrid, Xixón, Bilbao, Irún, Portugal, Alemaña, Francia, Bélxica ou Suíza).
A estación de autobuses está en San Caetano, s/n e podes poñerte en contacto por vía telefónica nos números 981 542 416 e no 981 542 418.
En tren Se decides achegarte a Santiago por tren chegarás á estación de tren de Renfe, situada na rúa do Hórreo, s/n. Podes contactar coa estación nos teléfonos 981 596 050 e 902 240 202. Dende esta estación estarás comunicado con Madrid a través de 2 trens diarios, 1 tren lévate a Bilbao, 14 comunícante coa Coruña, 11 con Vigo e 8 con Ourense. Ademais tes un enlace con Portugal a través da conexión Vigo-Porto con 3 trens diarios; e achégaste a Francia grazas á Liña A que une A Coruña, Vigo e Barcelona.
En avión Se vés a Santiago en avión aterras en Lavacolla, a 10 quilómetros do centro. Dende alí dispós de servizo de alugueiro de vehículos se queres achegarte ao centro no teu propio coche, de taxis e de autobuses. Se deixas o aeroporto pola túa conta debes facelo a través da N-547 que une Santiago e Lugo ou tamén a través da autovía que une a circunvalación compostelá coa N-547.
Se optas por non alugar vehículo e esquecerte de baixar de Lavacolla a Santiago en taxi aínda podes agardar por algunha das liñas de buses que comunican o centro co aeroporto: os autobuses Travide enlazan Lavacolla co Hotel Atlántico na Coruña e os Freire cobren o traxecto Santiago-Lavacolla e viceversa na liña que une a capital galega con Lugo e cunha liña especial disposta pola compañía de voos de baixo custo RyanAir.
Taxis
Para moverte pola cidade podes botar man do servizo de taxis e dos autobuses urbanos.Taxis telos a través do servizo de Radio Taxi as 24 horas do día no teléfono 981 569 292 ou, se precisas dun taxi adaptado a persoas con discapacidades no servizo Euro Taxi no teléfono 981 535 154.
Ademais tes paradas de taxi no aeroporto de Lavacolla (981 591 575), na estación do tren (981 898 488) e na estación de autobuses (981 582 450).
E outras paradas:
- na Avenida Figueroa (981 585 973)
- no Castiñeiriño (981 521 300)
- en Fontiñas (981 575 959)
- na praza de Galicia (981 561 028) as 24 horas
- na praza Roxa (981 595 964) as 24 horas
Buses urbanos
Santiago de Compostela conta cunha rede de buses urbanos que supera a vintena e que mantén comunicado o centro coas aldeas máis periféricas que foman parte do termo municipal. Deste xeito as liñas de transporte urbano son:- A liña 1 que enlaza o Polígono do Tambre co Hospital Clínico.
- A liña 2 une San Roque e A Rocha Vella.
- A liña 4 une As Cancelas, Vista Alegre e Romaño.
- A liña 5 une o Polígono de Vite, a estación de autobuses, Conxo e A Rocha.
- A liña 6 enlaza San Lázaro e Os Tilos.
- A liña 7 une San Roque e Aríns.
- A liña 8 enlaza Belvís con Vidán.
- A liña 9 une O Viso, Fontiñas e A Rosa.
- A liña 12 enlaza Os Tilos cos Hospitais.
- A liña 13 une o Polígono do Tambre con Casas Novas.
- A liña 15 une o Campus Norte coa praza de Galicia e o Campus Sur.
Hai, ademais, unha serie de liñas de percorrido circular como son:
- A liña 11, que fai o percorrido Circular de Fontiñas.
- A liña C2, que pasa pola estación de autobuses, por Fontiñas, polos Hospitais e por Vite.
- A liña C4 fai un percorrido igual ao anterior.
- A liña C5 fai o percorrido circular de Amio e pasa tamén por San Pedro e pola estrada ao concello da Estrada.
- A liña C6 une Amio, O Viso, A Estrada e a praza de Galicia.
- A liña F une a estación de autobuses con Amio e Figueiras.
- A liña 0 une a estación de autobuses con Ortoño.
- A liña S enlaza a rúa da Senra e Son.
- A liña P/G leva dende a Porta do Camiño á Peregrina e a Grixoa.
- A liña S/L leva de San Roque e Santa Lucía á Pajuela.
- A liña V enlaza San Roque e Villestro.
- A liña AS leva da praza de Galicia á Sionlla.
- A liña V/M enlaza a praza de Galicia con Bando e Vilamaior.
Estacionamentos públicos
O centro de control de Tráfico en Santiago de Compostela ten a súa sede no Pazo de Raxoi (baixo, entrada pola rúa Costa do Cristo). A través do teléfono 981 542 321 os composteláns e as compostelás terán información puntual sobre os permisos de corte de tráfico para mudanzas, entradas na zona vella, etc. De precisar información sobre situación do tráfico na cidade os e as usuarias deben dirixirse á Policía ou a Dirección Xeral de Tráfico.Entre outras cousas este centro encárgase da sinalización orientativa sobre a ocupación dos aparcadoiros públicos de que dispón o concello. Este sistema de regulación e control de tráfico e estacionamento utilízase para xestionar os aparcadoiros da estación de tren, da rúa do Hórreo, da praza de Vigo, da rúa Rosalía de Castro, do Hotel Araguaney, da praza de Galicia, de San Clemente e da avenida Xoán XXIII.
O Concello de Santiago dispón de máis dunha vintena de aparcadoiros públicos dos que podes conseguir máis información, arredor do número de prazas coas que conta o servizo, a tráves do apartado correspondente a Tráfico desta web.