Situada na provincia da Coruña, a cidade de Santiago de Compostela aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos regatos Sar e Sarela. É a capital de Galicia, a sede da arquidiócese, do distrito universitario e do partido xudicial homónimos, ademais de constituír un dos principais centros culturais do país.
A extensión municipal é de 220 km2 e a súa poboación, segundo o padrón municipal de 2007, ascende a 93.458 habitantes, sendo a súa densidade de poboación elevada (421,58 habitantes por Km2) debido a que a maioría se concentra no núcleo urbano.
Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vintenove parroquias rurais: Aríns, Bando, Barciela, Busto, Carballal, O Castiñeiriño, César, Conxo, Eixo, Enfesta, Fecha, Figueiras, Grixoa, Laraño, Marantes, Marrozos, Nemenzo, A Peregrina, Sabugueira, Santiago (San Caetano), Santiago (San Fructuoso de Afora), Santiago (San Lázaro), Santiago (San Pedro de Afora), Santiago (San Xoán de Afora), Sar, Verdía, Vidán e Villestro.
En Santiago, o tempo é moi variable e resulta frecuente que as masas de aire húmido se concentren, penetrando facilmente polo val do Sar. No inverno, as néboas adoitan establecerse nos vales, provocando unha humidade relativa moi alta. Este tipo de tempo húmido é o que lle deu a Santiago a sona de cidade chuviosa.
A terra de Santiago é uha zona de contacto de dúas zonas faunísticas e florísticas: a eurosiberiana na súa provincia atlántica e a mediterránea. A eurosiberiana, asentada no val do Tambre, caracterízase pola presencia de bosques de folla caduca, tipo carballeiras, mentres que a mediterránea con influencia atlántica se manifesta no val do Ulla, alí onde os bosques son de árbores de folla perenne, como a sobreira. Esta mestura dálle unha gran riqueza á zona e ofrece valores naturais para os interesados no coñecemento do contorno.
A composición litolóxica é fundamentalmente a base de rochas cristalinas tipo granitos, que provocan solos de alta permeabilidade fortemente lavados e cun carácter acedo. Tamén se atopan na área rochas básicas, tipo anfibolitas, con características edafolóxicas de seu.
Outro factor que inflúe na flora e na fauna é a acción do home sobre a paisaxe, caracterizada pola profusión de terras de cultivos, unha intensa deforestación e un algo impacto de repoboación forestal con especies alóctonas, que fixo retroceder as fragas e bosques naturais a pequenas manchas nas beiras dos ríos e noutras zonas determinadas.
O relevo constitúe un chanzo intermedio entre os macizos montañosos da Galicia oriental, que forman a dorsal galega, onde nacen os ríos Tambre e Ulla, e os bloques costeiros dos que está separado pola foxa Padrón-Tui, no denominado escalón de Santiago. É terra de abondosas choivas, cunha media de 1.500 mm. Anuais, delimitada ao norte e sur por áreas cunha infiltración media anual de 700 a 900 mm. As temperaturas medias oscilan arredor dos 12 graos e danse as máximas en xullo e en agosto.
Esta variedade de animais é un reflexo da profusión de biotopos que se encontran nunha zona considerada relativamente pequena en extensión pero que habitan nun medio fortemente humanizado.
Na zona vella vense morcegos comúns (Pipistrellus pipistrellus), corroxos (Phoenicurus ochruros), lavandeiras brancas (Motacilla alba) e pegas (Pica pica). Na primavera, a cidade recibe a visita de aves migratorias que veñen criar, como a anduriña do cu branco (Delichon urbica), vencellos (Apus apus) ou a anduriña común (Hirundo rustica). O lagarteiro (Falco tinunculus), o falcón peregrino (Falco peregrinus) ou o gavián (Accipiter nisus) tamén se deixan ver de cando en vez. A masa arbórea da alameda permite que vivan nela paxaros como o carrizo (Troglodytes troglodytes), o merlo (Turdus merula), o rubideiro común (Certhia brachydactila), o paporrubio (Erithacus rubecula), o gorrión (Passer domesticus), o pimpín (Acantis cannabiana), o ferreiriño (Parus ater), a pega (Pica pica) ou o piquelo (Sitta europeae). Voando sobre a cidade vense con frecuencia gaivotas choronas (Larus ridibundos), corvos viaraces (Corvus corone) e estorniños (Sturnus sp.)
A troita común (Salmo trutta fario) e a boga de río son os peixes máis frecuentemente capturados polos pescadores de río. Entre os anfibios destacan as píntigas común (Salamandra salamandra) e rabilonga (Chioglosa lusitanica), as sabandixas verde (Triturus marmoratus), limpafontes (Triturus boscai) e palmada (Triturus helveticus), as ras común (Rana perezi), zampexa (Rana iberica), da veiga (Discoglossus pictus), do monte (Rana temporana) e de San Antón (Hyla arborea) e os sapos cunqueiro (Bufo bufo), parteiro (Alytes obstetricans) e corriqueiro (Bufo calamita).
En canto aos reptís, hai lagartos arnal (Lacerta lepida) e das silveiras (Lacerta Schreiberi) e a lagartixa dos camiños (Podarcis hispanica). Pódense encontrar escáncer boeiro (Anguis fragilis) e o tridáctilo (Chalcides chalcides). Tamén hai cóbrega sapeira (Natrix natrix), de río (Natrix maura), lagarteira (Coronella austriaca), raiada (Corondella girondica) e viperina (Malpolon monspessulanus). A víbora de Seoane (Vipera seoanei) é a única especie perigosa das que se poden atopar.
Londras (Lutra lutra), gato fero (Felis sylvestris), lobo (Canis lupus), xabarín (Sus scrofa), corzo (Capreolus capreolus), lebre (Lepus capensis), porco teixo (Meles meles), donicela (Mustela nivalis) , ourizo cacheiro (Erinaceus euroaeus), toupa (Talpa caeca) ou garduñas (Martes foina) son algúns mamíferos que poden atoparse nos arredores de Santiago.
O piñeiral domina sobre o eucaliptal e dentro dos piñeiros o máis abondoso é o bravo (Pinus pinaster), aínda que se atopan bosquetes de piñeiro de repoboación (Pinus insignis) e ás veces mestura de ambos. O manso (Pinus pinea) só aparece representado por exemplares moi espallados e xeralmente preto dalgunhas casas de labranza. No sotobosque dos piñeirais aparecen matos de queirugas (Erica cinerea)e uces (Erica arborea).
Oricelas, hepáticas , mofos, verdíns, fento das pedras (Polypodium vulgare) e de pé negro (Asplenium adiantum nigrum), uvas do lagarto (Sedum sp.), hedras (Hedera helix), apegotes (Parietaria officinalis), alfinetes (Centrantus ruber), couselos (Umbelicus pendulinus) e herba dos muros (Trachelium caeruleum) son algúns dos liques, musgos e fentos que aparecen nas rochas naturais, muros e construcións da zona vella.
Nos prados encóntranse formacións herbáceas que medran nos solos húmidos. Xuncos (Cyperus sp.), leiburiña (Agrostis luriaei), herba das doas (Littospermum postratum), xoio (Lolium perenne), lingua de carneiro (Plantago maior), botón de ouro (Ranuculus sp.), chuchameles (Pedicularis sylvatica), margaridas (Beilis perennis), herba dos carpinteiros (Achillea millefolium) ou os narcisos (Narcissus sp.) son algunhas das flores destes lugares. Estrugas (Urtica sp.), cardos (Cardus sp.), malvas (Malva sp.), fiunchos (Phoeniculum vulgare), xaramagos (Anthemis arvensis), herba de Santiago (Senecio vulgaris), sabugueiro (Sambucus nigra) e estralotes (Digitalis purpurea) son outras especies abondosas da flora ruderal localizada en hábitats humanizados.
Mesturada coa flora ruderal, atópanse silveiras (Rubus sp.) con codesos (Adenocarpus complicatus) e estripos (Crataegus monogyna) nas beiras dos camiños.
O monte baixo está formado por toxos (Ulex europaea), queirugas (Erica cinerea), xestas (Sharothamnus scoparius), uces (Erica arborea), abrótegas (Asphodelus albus) e fentos (Pteridium aquilinum), entre outras. No monte alto sobrancean as xesteiras (Sarothamnus scoparius), acacias da madeira negra (Acacia melanoxylon), mimosas (Acacia dealbata) e carqueixas (Chamaespartium tridentatum), mentres que nas proximidades dos prados hai salgueiros (Salix sp.), loureiros (Laurus nobilis), acevros (Ilex aquifolium)e ameneiros (Alnus glutinosa).
Distintos fungos como amanitas, boletus, cantarelus, lacarias, lactarius, russulas, coprinus, tricolomas e lepiotas pódense atopar durante o outono en zonas como as ladeiras do Pedroso.
A extensión municipal é de 220 km2 e a súa poboación, segundo o padrón municipal de 2007, ascende a 93.458 habitantes, sendo a súa densidade de poboación elevada (421,58 habitantes por Km2) debido a que a maioría se concentra no núcleo urbano.
Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vintenove parroquias rurais: Aríns, Bando, Barciela, Busto, Carballal, O Castiñeiriño, César, Conxo, Eixo, Enfesta, Fecha, Figueiras, Grixoa, Laraño, Marantes, Marrozos, Nemenzo, A Peregrina, Sabugueira, Santiago (San Caetano), Santiago (San Fructuoso de Afora), Santiago (San Lázaro), Santiago (San Pedro de Afora), Santiago (San Xoán de Afora), Sar, Verdía, Vidán e Villestro.
Climatoloxía
O clima de Compostela é temperado e chuvioso como o da maior parte da Galicia occidental, pero con trazos propios debidos á súa separación da costa, á altitude e á configuración do relevo. A diferenza explícase pola distancia da costa, pola altitude e polo illamento do mar orixinado por macizos montañosos como o da serra de Barbanza.En Santiago, o tempo é moi variable e resulta frecuente que as masas de aire húmido se concentren, penetrando facilmente polo val do Sar. No inverno, as néboas adoitan establecerse nos vales, provocando unha humidade relativa moi alta. Este tipo de tempo húmido é o que lle deu a Santiago a sona de cidade chuviosa.
Relevo
Santiago de Compostela atópase a 260 metros sobre o nivel do mar e está circuncrito polos castros orixinarios de Santa Susana, A Sionlla, Meixonfrío, San Marcos e monte Viso. Son puntos de referencia o Pico Sacro, os montes Pedroso e Viso e as veigas do Sar e do Sarela.A terra de Santiago é uha zona de contacto de dúas zonas faunísticas e florísticas: a eurosiberiana na súa provincia atlántica e a mediterránea. A eurosiberiana, asentada no val do Tambre, caracterízase pola presencia de bosques de folla caduca, tipo carballeiras, mentres que a mediterránea con influencia atlántica se manifesta no val do Ulla, alí onde os bosques son de árbores de folla perenne, como a sobreira. Esta mestura dálle unha gran riqueza á zona e ofrece valores naturais para os interesados no coñecemento do contorno.
A composición litolóxica é fundamentalmente a base de rochas cristalinas tipo granitos, que provocan solos de alta permeabilidade fortemente lavados e cun carácter acedo. Tamén se atopan na área rochas básicas, tipo anfibolitas, con características edafolóxicas de seu.
Outro factor que inflúe na flora e na fauna é a acción do home sobre a paisaxe, caracterizada pola profusión de terras de cultivos, unha intensa deforestación e un algo impacto de repoboación forestal con especies alóctonas, que fixo retroceder as fragas e bosques naturais a pequenas manchas nas beiras dos ríos e noutras zonas determinadas.
O relevo constitúe un chanzo intermedio entre os macizos montañosos da Galicia oriental, que forman a dorsal galega, onde nacen os ríos Tambre e Ulla, e os bloques costeiros dos que está separado pola foxa Padrón-Tui, no denominado escalón de Santiago. É terra de abondosas choivas, cunha media de 1.500 mm. Anuais, delimitada ao norte e sur por áreas cunha infiltración media anual de 700 a 900 mm. As temperaturas medias oscilan arredor dos 12 graos e danse as máximas en xullo e en agosto.
Xeoloxía
Na área de Santiago atópanse as seguintes grandes unidades de rochas:- Anfibolitas: Rochas metamórficas ricas en silicatos como os anfíbolos, que dominan nun triángulo que ten como vértice a cidade de Santiago e dous lados formados polas estradas de Lugo e Ourense, unidas ao terceiro por Susana, Rodino e Lavacolla.
- Gneises: Nunha pequena área que aflora cara a Sigüeiro e Berdía e nunha estreira banda que atravesa Santiago de norte a sur.
- Granito de dúas micas: Esténdese ao norte pola zona de Pontealbar, Espiñeira e Bertamiráns.
- Migmatitas granitoides: Rochas semellantes ao granito en Roxos e cara a Escravitude.
- Filón de seixo: Dende o Pico Sacro ata a Ponte Ulla.
- Arxilas: Depósitos recentes de rochas sedimentarias, abondosas nunha pequena área de Bertamiráns.
- Xistos: Son os materiais máis abondosos, atopados en Lavacolla en dirección a Lugo, de Santiago en dirección a Pontevea e na zona de Sarandón. Abondosos cara o este.
Fauna
En Santiago hai unha grande variedade de fauna, que se pode cifrar nun mínimo de 13 anfibios, 12 reptís, 63 aves que crían e un bo número de especies hibernantes e en paso, e 32 mamíferos que habitan nesta zona xeográfica.Esta variedade de animais é un reflexo da profusión de biotopos que se encontran nunha zona considerada relativamente pequena en extensión pero que habitan nun medio fortemente humanizado.
Na zona vella vense morcegos comúns (Pipistrellus pipistrellus), corroxos (Phoenicurus ochruros), lavandeiras brancas (Motacilla alba) e pegas (Pica pica). Na primavera, a cidade recibe a visita de aves migratorias que veñen criar, como a anduriña do cu branco (Delichon urbica), vencellos (Apus apus) ou a anduriña común (Hirundo rustica). O lagarteiro (Falco tinunculus), o falcón peregrino (Falco peregrinus) ou o gavián (Accipiter nisus) tamén se deixan ver de cando en vez. A masa arbórea da alameda permite que vivan nela paxaros como o carrizo (Troglodytes troglodytes), o merlo (Turdus merula), o rubideiro común (Certhia brachydactila), o paporrubio (Erithacus rubecula), o gorrión (Passer domesticus), o pimpín (Acantis cannabiana), o ferreiriño (Parus ater), a pega (Pica pica) ou o piquelo (Sitta europeae). Voando sobre a cidade vense con frecuencia gaivotas choronas (Larus ridibundos), corvos viaraces (Corvus corone) e estorniños (Sturnus sp.)
A troita común (Salmo trutta fario) e a boga de río son os peixes máis frecuentemente capturados polos pescadores de río. Entre os anfibios destacan as píntigas común (Salamandra salamandra) e rabilonga (Chioglosa lusitanica), as sabandixas verde (Triturus marmoratus), limpafontes (Triturus boscai) e palmada (Triturus helveticus), as ras común (Rana perezi), zampexa (Rana iberica), da veiga (Discoglossus pictus), do monte (Rana temporana) e de San Antón (Hyla arborea) e os sapos cunqueiro (Bufo bufo), parteiro (Alytes obstetricans) e corriqueiro (Bufo calamita).
En canto aos reptís, hai lagartos arnal (Lacerta lepida) e das silveiras (Lacerta Schreiberi) e a lagartixa dos camiños (Podarcis hispanica). Pódense encontrar escáncer boeiro (Anguis fragilis) e o tridáctilo (Chalcides chalcides). Tamén hai cóbrega sapeira (Natrix natrix), de río (Natrix maura), lagarteira (Coronella austriaca), raiada (Corondella girondica) e viperina (Malpolon monspessulanus). A víbora de Seoane (Vipera seoanei) é a única especie perigosa das que se poden atopar.
Londras (Lutra lutra), gato fero (Felis sylvestris), lobo (Canis lupus), xabarín (Sus scrofa), corzo (Capreolus capreolus), lebre (Lepus capensis), porco teixo (Meles meles), donicela (Mustela nivalis) , ourizo cacheiro (Erinaceus euroaeus), toupa (Talpa caeca) ou garduñas (Martes foina) son algúns mamíferos que poden atoparse nos arredores de Santiago.
Flora
Piñeiros (Pinus sp.) e eucaliptos (Eucaliptus globulus) sobrancean na paisaxe en canto a formacións de árbores na terra de Santiago, isto é debido a un intenso labor de repoboación forestal con especies alóctonas que incidiu de xeito negativo sobre as formacións de árbores propias do país, provocando unha perda de calidade botánica, xa que se produciu un empobrecemento florístico e unha degradación do solo.O piñeiral domina sobre o eucaliptal e dentro dos piñeiros o máis abondoso é o bravo (Pinus pinaster), aínda que se atopan bosquetes de piñeiro de repoboación (Pinus insignis) e ás veces mestura de ambos. O manso (Pinus pinea) só aparece representado por exemplares moi espallados e xeralmente preto dalgunhas casas de labranza. No sotobosque dos piñeirais aparecen matos de queirugas (Erica cinerea)e uces (Erica arborea).