Declaración de ruína

Descrición

Supón o recoñecemento de que unha edificación ten deficiencias ou danos que fan que non se atope en condicións de seguridade, salubridade ou ornato público e que estas non poden restablecerse por medios técnicos normais, son antieconómicas ou atentan contra a normativa urbanística, de tal xeito que se aconsella a súa derruba.

Documentación necesaria

A documentación que hai que achegar é a seguinte:
- Solicitude.
- Fotocopia do documento de identidade do solicitante. No caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia de poder para representalo.
- Informe pericial onde consten os motivos nos que se basea a declaración de ruína.
- Reportaxe fotográfica do estado do inmoble.
- Relación de moradores ou inquilinos.
- Acreditación da propiedade.

Notas para o cidadán

Pode ser declarada de oficio ou a instancia do interesado.

Solicítase en

Oficina de Información e Rexistro de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420

Preséntase en

Rexistro Auxiliar de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420
Horario: Consultar

Outros rexistros: Consultar

Tramítase en

Disciplina urbanística
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 431
Fax: 981 542 432
Correo: Contactar co Concello
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: