Liñas e rasantes

Descrición

De acordo co establecido no artigo 121.1 do Plan xeral de ordenación municipal, denomínase aliñación oficial a liña sinalada polo planeamento para establecer o límite que separa os solos destinados a vía pública ou espazos libres públicos das parcelas edificables.

Documentación necesaria

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a. Plano a escala mínima 1:2000, realizado sobre cartografía oficial de Santiago de Compostela, no que se sinalen a forma e a superficie da parcela, os predios lindeiros, os anchos das vías que definen as súas fachadas e a situación respecto do viario consonte o rueiro municipal. Este plano deberá ser asinado por un/unha técnico/a competente que se responsabilizará da veracidade dos datos achegados.

b. Plano a escala non menor de 1:500, con expresión dos seus lindeiros acoutados e determinación
xeométrica necesaria para a súa correcta e inequívoca identificación e trazado.

c. Certificados dos servizos urbanísticos da parcela expedidos pola empresa concesionaria do servizo municipal de auga e pola empresa comercializadora de electricidade.

d. Excepcionalmente, e no prazo de dez días hábiles contados desde a presentación da solicitude, a Administración Municipal poderá solicitar levantamento topográfico da parcela cando existan discordancias entre a realidade e o plan e/ou a súa descrición rexistral. Este levantamento deberá estar apoiado polo menos en dous vértices próximos da rede topográfica e sempre en coordenadas UTM.

e. As actas de aliñacións e rasantes terán vixencia indefinida. Con todo, calquera alteración do planeamento dará lugar a que queden sen efecto as actas de aliñación practicadas con anterioridade á súa aprobación, que poderán rehabilitarse no caso de que a dita modificación non afectase ás aliñacións.

Solicítase en

Oficina de Información e Rexistro de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420

Preséntase en

Rexistro Auxiliar de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420
Horario: Consultar

Outros rexistros: Consultar

Tramítase en

Licenzas e comunicacións de obras
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 420
Fax: 981 542 430
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: