Comunicacións e licenzas para locais

Descrición

Trámites necesarios para a realización de obras en locais ou autorizacións urbanísticas relacionadas coa actividade: inicio, cambio de titular...

Notas para o cidadán

Antes de presentar esta solicitude, deberá aboar os tributos municipais. No impreso debe figurar o número de recibo do pagamento presencial (NR/referencia) ou o número de expediente do pagamento vía web.

• Pode liquidar os tributos relativos a obras a través da Carpeta Cidadá ou na:
- Oficina do Rexistro Auxiliar de Urbanismo:
Praza do Obradoiro, 1-2º.
Tel.: 981 542 420
- Oficina de Atención ao Contribuínte:
Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 881 599 977 / 981 542 384 // Fax: 981 542 381
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Se o trámite require cita previa débese empregar ese sistema chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou solicitándoa na web do Concello de Santiago, no sitio Cita Previa

As taxas relativas a comunicacións ou licenzas de apertura hai que liquidalas necesariamente na Oficina de Atención ao Contribuínte.

• O pagamento efecturase nas entidades bancarias autorizadas (figuran no documento de liquidación) ou no sitio Pago en Liña desta páxina web.

Información sobre o custo

O tributo relativo a actividade regúlase pola Ordenanza fiscal municipal:
Ordenanza fiscal 3.10 reguladora da taxa pola licenza de apertura de establecementos

Solicítase en

Oficina de Información e Rexistro de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420

Preséntase en

Rexistro Auxiliar de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420
Horario: Consultar

Outros rexistros: Consultar

Tramítase en

Licenzas e comunicacións de obras
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 420
Fax: 981 542 430
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: