Comunicacións previas de obras (agás en locais)

Descrición

É a posta en coñecemento do Concello dos datos precisos para a realización dunha obra que esixe este procedemento.
Xeralmente son obras menores técnicamente sinxelas e de escasa entidad constructiva e económica, consistindo normalmente en pequenas obras de simple reparación, decoración, ornato ou pechamento, que no precisen proxecto técnico.

Notas para o cidadán

En ningún caso se poderá tramitar esta solicitude sen cumprimentar o campo da referencia catastral.

Antes de presentar esta comunicación, deberá pagar os tributos municipais. No impreso debe figurar o núm. de recibo do pagamento presencial (NR/referencia) ou o núm. de expediente do pagamento vía web.

Información sobre o custo

Pode liquidar e pagar a través da Carpeta Cidadá ou liquidar os tributos na:
- Oficina do Rexistro Auxiliar de Urbanismo:
Praza do Obradoiro, 1-2º.
Tel.: 981 542 420
- Oficina de Atención ao Contribuínte:
Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 881 599 977 / 981 542 384 // Fax: 981 542 381
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Se o trámite require cita previa débese empregar ese sistema, chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou solicitándoa na web do Concello de Santiago, no sitio Cita Previa

Ordenanzas fiscais municipais:
- Ordenanza fiscal 1.04 reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras.
- Ordenanza fiscal 3.07 reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos.
- Ordenanza fiscal 3.09 reguladora da taxa polas licenzas urbanísticas.

Solicítase en

Oficina de Información e Rexistro de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420

Preséntase en

Rexistro Auxiliar de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420
Horario: Consultar

Outros rexistros: Consultar

Tramítase en

Licenzas e comunicacións de obras
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 420
Fax: 981 542 430
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: