Denuncia urbanística

Descrición

Acto polo que un cidadán pon en coñecemento do Concello de Santiago a existencia dun feito que podería constituír unha infracción urbanística.

Dirixido a

Calquera cidadán que teña constancia dun feito que poida constituír unha infracción urbanística.

Requirimentos

Presentación dun escrito de denuncia.

Documentación necesaria

  • Fotocopia do documento de identidade do denunciante.
  • Plano de situación da cartografía municipal. O plano de situación da cartografía municipal pode descargalo da páxina web do Concello de Santiago www.santiagodecompostela.gal. Tamén pode solicitalo na Oficina de Atención á Cidadanía (rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo) ou na Oficina Municipal de Delineación (Urbanismo).
  • No caso de solicitar que se lle notifiquen as actuacións relevantes do procedemento, deberá presentar documentación acreditativa da condición de interesado.

Notas para o cidadán

As denuncias tramítanse na sección de Disciplina Urbanística.
Comprobaranse os feitos da denuncia a efectos de determinar o inicio dun procedemento sancionador.

Solicítase en

Rexistro Auxiliar de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420

Oficina de Atención á Cidadanía
Enderezo: Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 981 543 128

Preséntase en

Rexistro Auxiliar de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420
Horario: Consultar

Outros rexistros: Consultar

Tramítase en

Disciplina urbanística
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 431
Fax: 981 542 432
Correo: Contactar co Concello
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: