Licenza para publicidade e rotulación

Descrición

É a solicitude de autorización municipal para toda actividade ou instalación publicitaria perceptible dende a vía pública.

Documentación necesaria

Con carácter xeral:
  1. Proxecto ou documento técnico, integrado por memoria, planos e orzamento.
  2. Licenza de apertura ou informe certificado, en caso de locais con declaración responsable ou comunicación previa, do establecemento que se anuncia ou da matrícula do imposto sobre actividades económicas para calquera outra instalación publicitaria non ligada a un establecemento.
  3. Licenza do elemento ou espazo da instalación.
  4. As solicitudes para instalacións publicitarias en bens de titularidade pública, sexa municipal ou de calquera outra administración, deberán estar acompañadas da autorización emitida pola administración titular para a ocupación con instalacións publicitarias. Así mesmo, no suposto de que o solo sexa de titularidade municipal a licenza outorgarase coa mesma vixencia temporal que a autorización ou concesión administrativa correspondente, sen superar o límite máximo que para cada modalidade se establece.
  5. Documentación específica en cada caso: se unha instalación publicitaria constase de máis dunha modalidade, presentarase unha única solicitude do conxunto, englobando e unificando todos os documentos que se precisen polas súas distintas modalidades.
Placas: deberá presentar os documentos b) e c) do apartado anterior, ademais de memoria e esbozo ou foto coas características, materiais e tamaño.

Colgaduras e soportes publicitarios non ríxidos:
  1. Fotografías actuais a cor e con tamaño 15 x 20 cm. da fachada do edificio e do local, de fronte e de perfil.
  2. Plano de situación a escala 1:5000.
  3. Plano de alzado da fachada do edificio e do local incluíndo a instalación publicitaria, a escala e acoutado.
  4. Plano de sección da fachada incluíndo a instalación publicitaria, a beirarrúa e a anchura da rúa, a escala e acoutado.
  5. En colgaduras en edificios en construción ou reforma deberá presentarse a licenza de obras.
Rótulos de establecementos, rótulos ríxidos de obra, carteis en mobiliario urbano e publicidade en lonas sobre estadas:
  1. Fotografías actuais a cor e con tamaño 15 x 20 cm. da fachada do edificio e do local, de fronte e de perfil.
  2. Plano de situación a escala 1:5000.
  3. Proxecto técnico subscrito por facultativo competente, visado polo seu colexio profesional, integrado por memoria, planos e orzamento.

Notas para o cidadán

• Pode liquidar os tributos na:
- Oficina do Rexistro Auxiliar de Urbanismo:
Praza do Obradoiro, 1-2º.
Tel.: 981 542 420
- Oficina de Atención ao Contribuínte:
Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 881 599 977 / 981 542 384 // Fax: 981 542 381
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Se o trámite require cita previa débese empregar ese sistema, chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou solicitándoa na web do Concello de Santiago, no sitio Cita Previa
• O pagamento efecturase nas entidades bancarias autorizadas (figuran no documento de liquidación) ou no sitio Pago en Liña desta páxina web.

Antes da presentación da solicitude de licenza de obra deberá pagar os tributos municipais.

Ordenanzas fiscais municipais:
- Ordenanza fiscal 1.04 reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras
- Ordenanza fiscal 3.07 reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos.
- Ordenanza fiscal 3.09 reguladora da taxa polas licenzas urbanísticas.

Información sobre o custo

Ordenanza fiscal municipal:

Solicítase en

Oficina de Información e Rexistro de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420

Preséntase en

Rexistro Auxiliar de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420
Horario: Consultar

Outros rexistros: Consultar

Tramítase en

Licenzas e comunicacións de obras
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 420
Fax: 981 542 430
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: