Devolución de fianza

Descrición

Devolución dunha garantía, depositada no Concello de Santiago para asegurar o cumprimento dunha obriga legal, despois de que esta se cumpra debidamente.

Dirixido a

Ao interesado que ten cumprida a obriga que asegura a fianza.

Requirimentos

Cumprimento da obriga que garante a fianza:
- Extinción da débeda.
- Remate da obra ou do período de garantía.
- Remate do contrato, etc.

Documentación necesaria

  • No caso de que a fianza se depositara en garantía da execución de obras de urbanización: acordo de recepción das mencionadas obras.
  • No caso de que a devolución se realice a través de transferencia bancaria: acreditación da titularidade da conta.

Solicítase en

Rexistro Auxiliar de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420

Oficina de Atención á Cidadanía
Enderezo: Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 981 543 128

Preséntase en

Rexistro Auxiliar de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.

Rexistro Auxiliar do Ensanche:
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001

Horario dos rexistros auxiliares: Consultar
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral.

• Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.

Tramítase en

Licenzas e comunicacións de obras
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 420
Fax: 981 542 430
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: