Consultas urbanísticas

Descrición

A información urbanística é o informe por escrito que expide o Concello, por pedimento do interesado, sobre o réxime urbanístico aplicable a un predio, unidade de actuación ou sector. É recomendable pedila antes de adquirir un predio ou presentar un proxecto de obra para solicitar licenza urbanística.

Documentación necesaria

Debe presentar toda a documentación que figura relacionada no modelo de solicitude.

Notas para o cidadán

A solicitude debe presentarse en modelo normalizado.

A INFORMACIÓN URBANÍSTICA NON TEN CARÁCTER VENCELLANTE.

Información sobre o custo

Antes da presentación da solicitude deberá pagar os tributos municipais.

Pode liquidar e pagar a través da Carpeta Cidadá ou liquidar os tributos na:
- Oficina do Rexistro Auxiliar de Urbanismo:
Praza do Obradoiro, 1-2º.
Tel.: 981 542 420

- Oficina de Atención ao Contribuínte:
Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 881 599 977 / 981 542 384 // Fax: 981 542 381

Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Se o trámite require cita previa débese empregar ese sistema, chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou solicitándoa na web do Concello de Santiago, no sitio Cita Previa
O pagamento efecturase nas entidades bancarias autorizadas (figuran no documento de liquidación) ou no sitio Pago en Liña desta páxina web.

Ordenanza fiscal municipal: Ordenanza fiscal 3.07 reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos

Solicítase en

Oficina de Información e Rexistro de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420

Preséntase en

Rexistro Auxiliar de Urbanismo
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420
Horario: Consultar

Outros rexistros: Consultar

Tramítase en

Urbanismo-Planeamento e Xestión Urbanística
Enderezo: Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 1-2º
Tel.: 981 542 420

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: