Solicitude para realizar actividades artísticas temporais en espazos públicos promovidas por particulares

Descrición

Para a realización de actividades artísticas na vía pública é necesario formular unha solicitude e obter a preceptiva autorización municipal.

Documentación necesaria

Ver impreso de solicitude.

A documentación acredidativa da cualificación para o desenvolvemento da actividade só será preciso presentala coa primeira solicitude.

Notas para o cidadán

Os prazos de presentación de solicitudes, segundo ao disposto no Anexo II das Normas que regulan as actividades artísticas na rúa, son:
Primeiro trimestre:dende o 29 de setembro ata o 3 de decembro.
Segundo trimestre: dende o 29 de decembro ao 3 de marzo
Terceiro trimestre: dende o 29 de marzo ao 3 de xuño
Cuarto trimestre: dende o 29 de xuño ao 3 de setembro
NON SE ADMITIRAN SOLICITUDES FORA DOS PRAZOS SINALADOS
A normativa de aplicación pódese consultar:

- Nos artigos 7, 71, 72 e 127 da Ordenanza xeral de circulación e uso da vía pública e normas relacionadas na sección documentación.

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Tráfico
Enderezo: Pazo de Raxoi, baixo. Entrada pola rúa Costa do Cristo.
Tel.: 981 542321
Fax: 981 542338
Correo: Contactar co Concello
Horario: Atención ao público: luns, mércores e venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: