Certificados de empadronamento e de convivencia

Descrición

O certificado de empadronamento é un documento no que se acreditan os datos que constan no padrón municipal de habitantes: nome, apelidos, data de nacemento, domicilio, persoas que residen nesa vivenda no caso de ser menor de idade...

O certificado de convivencia é o documento que acredita os datos que constan no padrón municipal de habitantes como domicilio, data de nacemento e identificación das persoas que figuran nese domicilio.

Se en calquera dos certificados deben constar os datos persoais dun terceiro, o trámite será presencial, deberá achegarse consentimento de todas as persoas maiores de 14 anos que residan no mesmo domicilio (presentando o formulario de auorización).

Documentación necesaria

É obrigatorio aportar a seguinte documentación, SEMPRE ORIXINAIS:
- Documento de identidade da persoa solicitante
- Documento de identidade da persoa autorizada
- No caso de menores, libro de familia ou documento de identidade ou resolución xudicial.
- Autorización para a xestión de certificados de ser o caso.

Solicítase en

Padrón Municipal de Habitantes
Enderezo: Baixos de Raxoi (entrada pola avda. de Raxoi)
Tel.: 981 542 318 // Correo: padronmh@santiagodecompostela.gal
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas. (Horario de verán de 9:00 a 13:00)
A atención presencial realizarase sen cita previa e unicamente será necesario solicitar número ou quenda na máquina dispensadora de citas (situada na entrada da oficina).

Preséntase en

Tramítase en

Formularios

Compartir: