Solicitude de acceso a información pública

Descrición

Trátase da solicitude de información pública, é dicir, de documentos ou contidos que estean incluídos no ámbito de aplicación da Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e automatización de datos do Concello de Santiago (artigo 2º), que foran elaborados ou adquiridos no exercicio das suas funcións.

Dirixido a

Calquera persoa (física ou xurídica) que precise información pública.

Requirimentos

Presentar a solicitude acreditando a identidade do solicitante (fotocopia do documento oficial de identidade) e indicar concretamente a información que se solicita, o órgano que a posúe e facilitando un enderezo de contacto, preferentemente electrónico.

Notas para o cidadán

En principio, a información máis relevante para o cidadán e de frecuente acceso estará dispoñible no Portal de maneira accesible, reutilizable e interoperable. Se o interesado necesita máis información ou máis detalle, poderá acceder á mesma mediante solicitude de información pública, que é un dereito regulado pola Lei de Transparencia.
• Se necesita información xeral relativa a trámites, documentación a presentar, actividades, datos relativos a situación de instalacións municipais e horarios, trámites... e non a atopa na web, consulte ás oficinas de Servizo de Atención Cidadá http://www.santiagodecompostela.gal/contacto_informacion.php?&lg=gal

• Para a presentación de incidencias:
A aplicación de Linea Verde do Concello de Santiago
http://www.lineaverdesantiagodecompostela.org/lv/incidencias_online.asp?lng=ga?&lg=gal

• Para realizar unha queixa ou suxestión de mellora dun servizo municipal utilice:
- Presentación de Queixas e Suxestións (Tamén pode utilizar esta vía para demandar a publicación de información de carácter público que debería estar publicada)
http://santiagodecompostela.gal/tramite.php?txt=ser_aten_cidadan&id_t=304&c=&lg=gal
- Carpeta Cidadá https://seguro.santiagodecompostela.gal/?&lg=gal

A solicitude pode ser presentada por calquera medio que acredite:
a) A identidade do solicitante.
b) A información solicitada.
c) Unha dirección de contacto, de preferencia electrónica, co propósito
da comunicación.
d) Se ese non fose o caso, o modo que prefira para acceder á
información solicitada.

Os datos dos Rexistros do Concello onde pode presentar a solicitude son:
Rexistro Xeral
Rúa Presidente Salvador Allende, núm. 4 baixo
Tel.: 981 543 122 // Fax: 981 543 13

Rexistro auxiliar: Centro Sociocultural do Ensanche:
Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001

Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.

A Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo contempla no seu artigo16 a posibilidade de que poida remitila a través dos rexistros da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia, nas oficinas de correo (Deberá indicarse que o escrito vai dirixido ao Alcalde do Concello de Santiago de Compostela e, para seguridade do administrado deberá solicitar que lle selen copia do documento presentado), nas representacións diplomáticas (embaixadas) ou oficinas consulares de España no estranxeiro ou en calquera outro lugar que establezan as disposicións vixentes.

Se precisa copia selada do documento que se presente, a copia ten que achegala o interesado.

As resolucións ditadas en materia de acceso á información pública son recorribles directamente ante a Xurisdición do Contencioso-administrativo, sen prexuízo da posibilidade de interposición da reclamación potestativa prevista no artigo 24 da Lei 19/2013 ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno ou ante o órgano independente que estableza a Comunidade Autónoma.

Máis información

Información sobre o custo

O acceso á información será gratuíto. Non obstante, a expedición de copias ou a transposición da información a un formato diferente ao orixinal poderá dar lugar á esixencia de exaccións segundo a normativa vixente na materia.

Solicítase en

Atención á cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.

Horario especial de atención ao público do 19 de xuño ao 10 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Listaxe de oficinas de rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

No departamento competente por razón de materia

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: