Instancia Xeral

Descrición

Para realizar calquera solicitude ao Concello que non teña un modelo específico no seu trámite.

Dirixido a

Todos os cidadáns que desexen dirixirse ao Concello.

Requirimentos

As solicitudes, escritos, comunicacións e documentos que se presenten nos diferentes rexistros e por calquera medio, deberán conter:

- Nome e apelidos do interesado e, no seu caso, da persoa que o represente, así como a identificación do medio preferente e do lugar que se sinale a efectos de notificacións.
- Documento que acredite a capacidade do solicitante e a representación que ostenta no caso de actuar por conta dun terceiro.
- Feitos, razóns e petición na que se concrete, con toda claridade, a solicitude.
- Lugar e data.
- Sinatura do solicitante ou acreditación da autenticidade da sua vontade expresada por calquera medio.
- Órgano, centro ou unidade administrativa á que se dirixe.

2. Cando as pretensións correspondentes a unha pluralidade de persoas tenñan un contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar, poderán ser formuladas nunha única solicitude, agás que as normas reguladoras dos procedementos específicos dispoñan outra cousa.

3. Das solicitudes, comunicacións e escritos que sexan presentados polos interesados nas oficinas da Administración, poderán éstos esixir o correspondente recibo que acredite a data de presentación, admitíndose como tal unha copia na que figure a data de presentación anotada pola oficina.

Documentación necesaria

Nalgunhas peticións pode ser precisa a aportación de copia do documento de identificación do solicitante.

Notas para o cidadán

Podería serlle de aplicación a Ordenanza Fiscal 3.07 reguladora da Taxa pola Expedición de documentos administrativos.

Dirixirse a

Pode presentar a solicitude:
• No Rexistro Xeral do Concello: rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo.
• Nos rexistros da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia.
• Nas oficinas de correo (Deberá indicarse na oficina de correos que o escrito vai dirixido a unha administración pública e solicitar o selo de Correos na instancia. Para seguridade dos administrado deberá solicitar que se lle selle copia do documento presentado).
• Nas representacións diplomáticas (embaixadas) ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
• En calquera outro lugar que establezan as disposición vixentes.

Dirixíndoa ao Excmo. Sr .alcalde do Concello de Santiago de Compostela.

Solicítase en

Atención á cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: