Tramitacións on-line (Solicitude de PIN de acceso)

Descrición

Na CARPETA CIDADÁ (banner situado na portada desta páxina web), está dispoñible un servizo para realizar trámites municipais en liña.

Requirimentos

Pode acceder a este servizo:
  • Solicitando unha clave de acceso (PIN) na Oficina Municipal de Atención á Cidadanía.
  • Co DNI electrónico.
  • Co certificado dixital.

Documentación necesaria

Solicitude do PIN:
Persoa física:
  • Fotocopia do documento de identidade do solicitante.
  • En caso de actuar en representación, deberá achegar fotocopias dos documentos de identidade do representante e do solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia do poder de representación.
Persoa xurídica:
  • Fotocopia do CIF da persoa xurídica.
  • Fotocopia da escritura ou estatutos de constitución da entidade.
  • Documento que acredite capacidade para actuar en nome da entidade e fotocopia do documento de identidade do respresentante.
Colaborador social:
  • Fotocopia do DNI/NIF da persoa adherida ao convenio de colaboración social.
  • Declaración de alta de datos fiscais.
  • Documento orixinal de adhesión ao Convenio de colaboración social. (Convenio de colaboración social é o asinado entre o Concello de Santiago de Compostela e o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, do 23 de xullo de 2007).
  • No caso de actuar en representación deberá achegar autorización escrita ou poder do interesado para actuar no seu nome e representación e fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante.

Solicítase en

Atención á cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.

Horario especial de atención ao público do 19 de xuño ao 10 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Listaxe de oficinas de rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Atención á cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: