Principios

Participación: promoción da participación cidadá no deseño e seguimento do proceso dos OP.

Transparencia: deseño das canles de comunicación e información necesarios sobre os asuntos públicos e colectivos que se deciden e executan.

Igualdade de oportunidades: fomento da participación cidadá de todos os grupos sociais, con especial referencia ás mulleres, menores e grupos en risco de exclusión.

Tolerancia: recoñecemento e respecto da diversidade de opinións e visións, como elemento para a construción de consenso a través do diálogo.

Eficacia e eficiencia: optimización dos recursos orzamentarios.

Corresponsabilidade: entre axentes públicos, privados e sociais na identificación de potencialidades e na solución dos problemas.

Solidariedade: disposición para asumir os problemas das outras persoas como propios, construíndo un proxecto común en beneficio do conxunto da cidadanía.

Respecto aos acordos: a participación cidadá fundaméntase no compromiso de levar adiante, por parte de todas as persoas implicadas, as decisións acordadas.
Compartir: