Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de febreiro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00009884V.
Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás seguintes sesións:
Extraordinaria do 20 de xaneiro de 2024.
Ordinaria do 29 de xaneiro de 2024.
Extraordinaria do 7 de febreiro de 2024.
2. Declaración institucional sobre o Día Mundial das Enfermidades Raras.
3. Declaración institucional con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
4. ALCALDÍA. Referencia: 2024/00007951Q.
Aprobación, se procede, do adianto ao 20 de marzo da sesión ordinaria do Pleno da Corporación corresponde a ese mes.
5. 4. ALCALDÍA. Referencia: 2024/00007942F.
Concesión de honras, títulos e distincións do Concello de Santiago de Compostela.
6. XESTIÓN TRIBUTARIA. Referencia: 2023/00043180J.
Aprobación definitiva do Estudo de detalle da zona de edificación universitaria ZEU-25 -Ciencias da Saúde- do Plan especial de ordenación do campus universitario (PE-8).
7. PLANEAMENTO. Referencia: 2023/00022200J.
Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM para a fixación de aliñacións no núcleo de Codesedas.
8. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00008496D.
Compromiso de crédito para as anualidades 2025, 2026 e 2027, como achega finalista ao Auditorio de Galicia, para financiar o Festival Internacional de Cinema "Cineuropa".
9. XESTIÓN TRIBUTARIA. Referencia: 2021/00017114Z.
Concesión da bonificación do 95% no IBI prevista para inmobles das corporacións de dereito público nos que se desenvolvan actividades declaradas de especial interese ou utilidade municipal.
10. ACCIÓN SOCIAL. Referencia: 2023/000045850M.
Designación de representantes veciñais no Consello de Medio Rural.
11. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para ampliar o solo industrial de Santiago e priorizar o asentamento de industrias que xeren emprego e aporten tecnoloxía.
12. Proposición presentada polo grupo municipal do PP sobre a creación do Consello municipal da infancia.
13. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a adecentación e atención á veciñanza na contorna da rúa Manuel Beiras.
14. TESOURERÍA. Referencia: 2023/00008698D.
Tomar coñecemento da elevación á aprobación definitiva da Ordenanza fiscal 1.03 reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
15. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00009884V.
Tomar coñecemento do informe anual de queixas e suxestións correspondente ao 2023.
16. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00009884V.
Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
17. Rogos, preguntas e interpelacións.
Rogos:
1. Formulado polo PSdeG-PSOE relativo á mellora da iluminación e da pavimentación da rúa Rial de Conxo.
2. Formulado polo PSdeG-PSOE relativo á mellora dos accesos do parque Alexandre Bóveda e Fermín Bouza Brey en Vite e da limpeza e mellora da fonte.
3. Formulado polo PSdeG-PSOE relativo á colocación dunha placa homenaxe na casa natal das Marías.
Preguntas orais:
1. Formulada polo PP sobre as obras da Pastoriza.
2. Formula polo PP sobre climatización dos centros socioculturais.
3. Formulada polo PP en relación ás zonas de baixas emisións.
4. Formulada polo PSdeG-PSOE relativa ao I Plan de igualdade.
5. Formulada polo PSdeG-PSOE relativa ao estado da ordenanza de usos das vivendas de uso turístico.
6. Formulada polo PSdeG-PSOE rsobre a recepción da área recreativa do SUNP-25.
18. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PP para a revisión, arranxo e mellora dos parquímetros da ORA que están a provocar inxustas sancións.
2. Presentada polo PP para o estudo do incremento de prazas de aparcamento reservadas para persoas con mobilidade reducida e para un maior control das mesmas.
3. Presentada polo PP para realizar melloras na parroquia de Lavacolla.
4. Presentada polo PP para que os membros dos corpos da Policía Nacional e da Garda Civil que prestan os seus servizos en Santiago de Compostela poidan acceder gratuitamente ás instalacións deportivas do concello ao igual que a policía local e os bombeiros.
5. Presentada polo PSdeG-PSOE para a correcta utilización dos mecanismos de comunicación institucional.
6. Presentada polo PSdeG-PSOE para o impulso e a promoción do aeroporto internacional de Santiago-Rosalía de Castro.
7. Presentada polo PSdeG-PSOE para a elaboración do Plan estratéxico de recursos humanos do concello 2025-2035.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, a compañía de danza Óscar Cobos presenta Bailador, un espectáculo que abre o foco ‘Neotrad’ da programación escénica de Compostela Cultura.

Compartir: