Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 9 de xuño

9.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, presiden a sesión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade, na que se abordará a coordinación das medidas de seguridade do evento O Son do Camiño. Tamén asisten o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta María Rozas sobre asuntos de carácter local. ANULADA.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
Na praza do Obradoiro, ‘Concerto Monocromo’, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago dentro do Festival Plataforma. Dirixidos por David Fiuza e con Macarena Montesinos, artista disciplinar.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Homenaxe a Carlos López García-Picos’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Dirixidos por Maximino Zumalave.

Compartir: