Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 6 de xuño

10.00 h
Na sede da Fundación Laboral da Construción (Pontepedriña de Arriba, 13, O Romaño), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na presentación do Manifesto da Economía Social, xunto coa ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz.
NOTA: poderá seguirse por streaming no enlace https://bit.ly/3oVWBof

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo recibe o director territorial de Telefónica, Manuel Alonso.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a nova directiva da cooperativa da Praza de Abastos.

Compartir: