Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 22 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o "Mapa dos cinematógrafos de Compostela". Na rolda tamén estará Óscar Senra, de MAOS Innovación Social, S.Coop.Galega.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a convocatoria do premio Exeria de proxectos de creación literaria. Na rolda tamén estará a poeta Yolanda Castaño.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na praza de Abastos (Aula de Cociña), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación da XXX edición da Festa da Langosta da Guarda.

17.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de apertura das III Xornadas de pontes entre formacion e emprego, organizadas por Red Activa.

18.30 a 20.00 h
Na Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes), Recital poético dos e das participantes do taller de escrita creativa dirixido por Constance Hurlé no marco da súa residencia literaria.

20.00 h
Na Sala Capitol, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto conmemorativo do 40º aniversario de Tórculo.

Compartir: