Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para a xoves 2 de xuño

9.00 h
Na Cidade da Cultura, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, inaugura Maker Faire Galicia.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar Delas Fest. Tamén estarán Luísa Feijóo, concelleira de Benestar Social no Concello de Ames; Sandy Cebral, concelleira de Cultura e Deportes do Concello de Brión; Ignacio Iglesias, concelleiro de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal no Concello de Teo; e Sara Alonso, socia-traballadora de 7H Cooperativa Cultural
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar Vive o Verán 2022.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
Na Praza do Obradoiro, recepción á Asociación de Miastenia de España que veñen de percorrer un tramo do Camiño de Santiago con motivo do Día Internacional da Miastenia.

20.00 h
Na Praza das Praterías, ‘Capricho brillante’, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago e a Federación Galega de Bandas de Música Populares, dirixidos por David Fiuza.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘JONDE FOCUS (ANOS 2008-2013’), concerto de Cámara da Joven Orquesta Nacional de España, JONDE, orquesta residente das Xornadas de Música Contemporánea. Dirixidos por Alberto Rosado.
NOTA: Antes do concerto, de 19.30 a 20.15 h, CARTOGRAFÍA DO PLURAL, comentarios ao programa con Rosa Fernández.

Compartir: