Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de xuño

10.00 h
Pleno extraordinario
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación do expediente de crédito extraordinario número 2022-CREXT-06 por importe de 22.656,04€ para dotar a achega municipal dunha axuda para a execución de instalacións específicas de tratamento biolóxico de residuos dentro do proxecto 2022 2 BIORE 44.
2. Aprobación do expediente de crédito extraordinario número 2022-CREXT-07, financiado co RLTGX 2021 e o REC para aprobar gastos rexistrados na conta 413.
3. Aprobación do expediente de crédito extraordinario número 2022-CREXT-08 por importe de 2.155.000,00 euros e de suplemento de crédito número 2022-SUPLE-05 por importe de 1.520.000,00 euros financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio de 2021.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, saúda o alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios de Vite, Pío XII, Cardeal Quiroga Palacios e Divino Maestro que que participan na Marcha ciclista escolar organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local. Participan arredor duns 200 rapaces.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.30 h
Na Alameda, alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Un ano de voz".

18.00 h
En Lamas de Abade, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita a nova área de xogos infantís do parque Alfredo Vicenti.
https://goo.gl/maps/JapD5vQcwrq8BpNk6

Compartir: