Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 15 de xuño

9.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o coronel do Aeródromo, Pedro M. Díaz.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Rubén Prol, para presentar o Concerto Fin de Curso da Escola Municipal de Música "A Movida chega á Escola" e o XV Certame de Danza Intercentros. Na rolda tamén estarán o director da EMM, Fernando Rey, e Beatriz Viñal, coordinadora do Certame de Danza.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a Xunta de Goberno da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

12.30 h
Na Cidade da Cultura (Auditorio 2, Edificio CINC), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da X Edición do Festival Atlántica de Narración Oral. (Presencial).

17.00 h
Na Cidade da Cultura (centro Gaiás Tech, edificio CEM), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de lanzamento da primeira tecnoloxía de certificación e verificación de identidade de avatares no metaverso, Tecalis Avatar Identity Technology.

20.00 h
No Auditorio ABANCA (rúa do Preguntoiro, 23. Santiago), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do Coro Crecente.

Compartir: