Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de xuño

10.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e os concelleiros José Manuel Pichel e Mila Castro, visita o terreo no que se atopaba o vertedoiro de Aríns (Lugar de Fornás, parroquia de Aríns).

11.00 h
No Centro Abanca Obra Social de Santiago de Compostela (Praza Cervantes, 19), a concelleira Mercedes Rosón asiste ao acto de presentación da memoria de actividades do ano 2021 e entrega de diplomas da Plataforma pola Emprego.

13.00 h
Na Praza do Obradoiro, lectura do Manifesto polo Día Nacional das Linguas de Signos Españolas xunto á Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Clorindae, performance de música e danza’ con Sinforosa Petralia, Rosalía Lasheras e Patrizia Lo Sciuto, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: