Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de xuño

10.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, asisten á 4ª Gala pola Seguridade Viaria, organizada polo departamento de Educación Viaria da Policía Local e dirixida ao alumnado de 4º de primaria dos colexios de Santiago de Compostela.

12.30 h (aprox.)
Na Praza do Obradoiro, recepción aos membros da Asociación de Amigos del Camino de Haro y Rioja Alta que veñen de percorrer o Camiño de Santiago.

18.00 h
Na Alameda (paseo da Ferradura), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste aos actos con motivo do Día Internacional do Xogo. (Haberá circuíto de xogos, xogos tradicionais, pasarrúas, lectura do artigo 31 da Convención dos dereitos da infancia e actuación musical de Antón Ke).

18.30 h
Na praza do Toural, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, visitan o festival da lectura SELIC 2022.

19.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do patrón do Colexio de Avogados, San Raimundo de Peñafort.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Signos’, con Isabel Villanueva e Antonio Ruz, dentro das Xornadas de Música Contemporánea e do programa Danza a Escena do INAEM.

Compartir: