Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 1 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o Festival da Lectura SELIC 2022. Tamén estará o director do festival, Camilo Franco.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, para informar sobre a Oferta de Emprego Público 2022 do Concello de Santiago de Compostela.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o director xeral de Basque Culinary Center, Joxe Mari Aizega.

19.00 h
Na Fundación Granell (Praza do Toural s/n), o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presenta o libro "El peregrino y otras historias en Compostela", de Emilia Pardo Bazán, xunto co editor da publicación, Juan Manuel González Herrán; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable da editorial Alvarellos, Henrique Alvarellos; e o de publicacións do Consorcio de Santiago, Juan Conde.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘JONDE FOCUS (SÉCULOS XX/XXI)’, concerto do Ensemble da Joven Orquesta Nacional de España, JONDE, orquestra residente das Xornadas de Música Contemporánea. Dirixidos por Fabián Panisello.
NOTA: Antes do concerto, de 19.30 a 20.15 h, CARTOGRAFÍA DO PLURAL, comentarios ao programa con Rosa Fernández.

Compartir: