Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 18 de xaneiro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar a programación das aulas de xogos e das aulas de lectura dos centros socioculturais.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

18.15 h
No Consello da Cultura Galega, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na mesa redonda "40 anos de políticas culturais: etapas e fitos significativos das políticas autonómicas", no marco das xornadas "40 anos de políticas culturais, a debate", organizadas polo Consello da Cultura Galega.

Compartir: