Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 9 de setembro

10.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o CEIP Apóstolo Santiago, con motivo do inicio do curso escolar, xunto co concelleiro de Educación, Rubén Prol.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o WOS Festival. Acompáñana Jacobo Sutil, director de AGADIC; Blas García Piñeiro, alcalde de Ames; Juan Martínez Inchausti, de SON Estrella Galicia; e Iván Arias, director do festival.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: