Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 7 de setembro

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, para presentar a programación do curso 2021/2022 dos centros socioculturais do rural.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar o programa de economía social "Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social", dentro de Compostela Móvese. Na rolda tamén estará Mar Pernas, responsable de relacións institucionais de Espazo COOP.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do programa "Peregrinos musicais".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal popular sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á presentación do quinto número da revista Follas Novas.

19.30 h
No Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación do proxecto científico-artístico O soño musical dos mapas celestes, impulsado polo ArtLab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

Compartir: